Martes, 6 Maio de 2025

Salceda de Caselas

A empresa SMRC Automotive Interiors Spain recibe á alcaldesa de Salceda

A alcaldesa de Salceda de Caselas, Verónica Tourón, e a concelleira de Benestar Social, Angela Ledo, visitaron o pasado xoves a empresa SMRC, ubicada no termo municipal de Salcedo, na zona do Cerquido.

O Pleno do Concello de Salceda aprobou o cambio nas normas subsidiarias da Devesa

O Pleno do Concello de Salceda aprobou hoxe xoves, na súa sesión ordinaria, a modificación das normas subsidiarias da parcela da Devesa, que pasará a ter uso dotacional público, o que permitirá ampliar a Praza da Devesa e construír a futura Casa da Mocidade.

Salceda segue a mellorar a rede viaria do rural

O Concello de Salceda de Caselas vén de rematar as obras de mellora da estrada que une os barrios de Barreiro e Pomar de Suso, na parroquia de Santa María, coordinadas pola Concellería de Vías e Obras, que dirixe a tenente de alcaldesa Loli Castiñeira.

Os concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño presentan o obradoiro de emprego “SuStentable”

As alcaldesas dos Concellos de Salceda de Caselas, Verónica Tourón, e de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, presentaron este venres 22 de outubro o obradoiro de emprego “Sustentable”, acompañadas de Ana Ortiz, secretaria territorial da Xunta de Galicia en Vigo.

A Xunta incorporará Bacharelato no IES Pedras Rubias de Salceda

A Xunta de Galicia traballa coa previsión de incorporar canto antes as ensinanzas de Bacharelato no IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas e, deste xeito, atender a demanda das familias.

O Concello de Salceda súmase a iniciativa “Kilómetros de investigación”

O Concello de Salceda de Caselas súmase a iniciativa “Kilómetros de investigación”, unha ruta solidaria de apoio á investigación do Síndrome de Rett, que sairá do concello o vindeiro luns 25 de outubro e chegará de novo a Salceda o sábado 30 de outubro.

Salceda continúa coa rehabilitación das instalacións do Centro de Desenvolvemento Local

Os traballos de acondicionamento, que tiveron unha duración aproximada de 10 días, iniciáronse coa limpeza e desbroce do perímetro onde se ubica o invernadoiro, tanto no interior como no exterior, posteriormente realizouse a reparación da estrutura e o cambio do plástico da cuberta.

Asociación Érguete e Deputaciónv comezan un plan de reforzo da personalidade cos nenos de Salceda

A Asociación Érguete dentro do programa Coñece-Decide da Deputación de Pontevedra acaba de comezar un plan de reforzo da personalidade cos nenos e nenas de Salceda de Caselas.

O Concello de Salceda renova as luminarias da vila con tecnoloxía LED

O Concello de Salceda de Caselas vén de realizar o cambio de máis de 200 luminarias da vila por outras novas con tecnoloxía LED, o que suporá unha redución do consumo enerxético do 70% e a redución das emisións de CO2 á atmosfera.

O Concello de Salceda ten a débeda máis baixa da historia

O pleno do Concello de Salceda de Caselas ven de aprobar a Conta Xeral do ano 2020 con aforro neto positivo, cumprindo a regra de gasto e reducindo o nivel de endebedamento, nun ano complexo para a planificación económica por mor da pandemia producida pola Covid-19.

Movemento Salceda fai un balance positivo dos primeiros 100 días sen alcaldía

O pasado 15 de xuño Loli Castiñeira dáballe paso na alcaldía a Verónica Tourón, dando cumprimento así ao pacto de goberno alcanzado co PSOE para esta lexislatura.

As socialistas de salceda analizan os 100 días de alcaldía socialista

O pasado 15 de xuño, Verónica Tourón accedía á alcaldía de Salceda de Caselas, converténdose na primeira alcaldesa socialista da nosa localidade, despois do acordo alcanzado nas pasadas eleccións municipais.