Luns, 7 Xullo de 2025

A Louriña

O Concello de Salceda presenta o seu 1º Concurso #ConSalceda de Pinchos e Tapas

O Concello de Salceda de Caselas presentou o seu 1º concurso de pinchos e tapas #ConSalceda. Na presentación a concelleira de cCmercio e alcaldesa, Verónica Tourón, estivo acompañada por Acisa, xa que a asociación colabora nesta iniciativa do concello, representada pola súa presidenta Elisa Rodríguez Vaqueiro e polo representante da hostalería Marcos Salgueiro Montenegro.

A nova localización do mercado do Porriño recibiu unha boa acollida

O concelleiro responsable do Concello do Porriño, Sergio Casal, valorou "a boa acollida" que tivo a nova localización do mercado ambulante que hoxe abriu na rúa Leandro Diz e parte da rúa Xogo da Ola.

Mos presenta a décimo sétima edición das Xornadas Micolóxicas

Onte pola tarde, ás 20.30 horas, celebrouse o acto de presentación da XVII Edición das Xornadas Micolóxicas e Forestais do Concello de Mos que tivo lugar no Bar Miro Pereira, en Petelos.

Eu Rural súmase á campaña ‘O rural contra a violencia de xénero’ cunha andaina o vindeiro 13 de novembro

Eu Rural súmase á campaña ‘O rural contra a violencia de xénero’ coordinada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural co gallo do Día Mundial da eliminación da violencia contra a muller o vindeiro 25 de novembro.

Mos instala os microchips aos cans beneficiarios da campaña de prevención do abandoo e/ou perda

Xa comezaron a colocarse na Clínica Veterinaria Ars Canis Val da Louriña, que sita en Peinador, os microchips aos cans inscritos na campaña de implantación emprendida desde a concellería de Medio Ambiente Sostible do Concello de Mos.

Ciclista ferido en Mos

Un ciclista tivo que ser trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, isto sucedía logo de sufrir un atropelo no concello de Mos. Foi o propio ferido quen chamou ao 112 Galicia, a poucos minutos das 15:30 horas de onte, para informar de que acababa de ser atropelado na Avenida de Galicia.

Homenaxe ás mellores da danza mosense

O venres celebrouse, no salón de sesións do Concello de Mos, a recepción a Patricia Martínez pola medalla de bronce no Campionato do Mundo PD 10 Bailes e ás Meninas (adestradas tamén por ela), por erixirse Campioas Galegas Junior Territorial Iniciados de Danza Coreográfica.

Desbloqueada a ampliación do paseo do Louro ata Queirón en Louredo

A alcaldesa do Concello de Mos, Nidia Arévalo, informou de que por fin queda desbloqueada a ampliación do paseo do Louro ata Queirón, parroquia de Louredo, ao concluír a vía xudicial dos recursos presentados contra o proxecto de expropiación en favor da administración local mosense.

Unha praga de fungos ataca as árbores de O Porriño

Onte pola mañá caeu outra árbore no concello do Porriño, esta vez ocorreu no Parque do Cristo, preto do palco da música, sen causar danos persoais nin materiais, segundo informou a Policía Local.

O venres abrirá o prazo de inscrición nunha nova viaxe para maiores

Desde a concellería de Participación Cidadá do Concello de Mos, que dirixe a edil Sara Cebreiro, infórmase de que xa hai organizada unha nova excursión para maiores. ESta actividade atópase dentro do programa municipal ‘É TEMPO DE VOLVER VIAXAR’.

Salceda bonificará o imposto de rodaxe dos vehículos menos contaminantes

O Pleno da Corporación do Concello de Salceda de Caselas aprobou por unanimidade, o pasado xoves, a modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) para incluír unha bonificación do 75% para os vehículos máis eficientes, os de cero emisións e os cualificados eco.

Mos comeza a traballar no seu IV Plan Municipal de Igualdade

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, informaron hoxe de que desde o Concello, concretamente desde o departamento municipal de Benestar Social e o CIM (Centro de Información á Muller de Mos) comézase a traballar no IV Plan de Igualdade.