Luns, 7 Xullo de 2025

A Louriña

O alcalde do Porriño considera admirable o comportamento da veciñanza no desfile de rondallas

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, valorou "o comportamento admirable" do público que presenciou o desfile conxunto de rondallas de Mos e O Porriño celebrado onte domingo.

Malvela grava novo disco en Torroso

O emblemático grupo mosense, Malvela, do que forma parte a cantante Uxía, realizou en dúas xornadas, a gravación do seu novo disco que está previsto sala á luz a vindeira primavera.

A Xunta financiará a segunda fase da prospección arqueolóxica do Castro de Pereiras en Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuníase recentemente en Santiago de Compostela co Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, para tratar diversos temas de interese para o municipio mosense, entre os que se atopaba a segunda campaña arqueolóxica no Castro de Pereiras.

Os populares de Salceda doaron dúcias de quilos en alimentos

Un ano máis, o grupo Popular no Concello de Salceda de Caselas, que forman Joaquín Núñez, Ana Cristina Pérez, Primitivo González, Ángela Valcárcel, Noelia Pérez e o seu voceiro, Santiago Rodríguez Davila, veñen de anunciar a doación de alimentos.

Detido un veciño do Porriño por ameazar ao seu pai ancián cun coitelo

Axentes da Policía Local do Porriño procederon á detención de S.A.R., de 61 anos, veciño da localidade porriñesa, por ameazar cun coitelo ao seu pai ancián. Os feitos ocorreron na tarde do día de Noitevella.

Mos dá a benvida ao municipio co SOMOSMOS nas súas entradas

O slogan municipal SOMOSMOS está de moda e conta cunha gran aceptación, popularidade e éxito entre a veciñanza de Mos, facendo crecente o sentimento de pertenza dos veciños, que grazas a él vén reforzada a condición identitaria mosense, polo que está a ter unha gran repercusión.

Cancelada a Carreira Nocturna de Reis do Porriño

O Goberno Municipal acordou a suspensión da Carreira Nocturna de Reis programada para o 8 de xaneiro ante a imposibilidade de garantir na mesma a seguridade sanitaria dos participantes.

Entran en vigor as medidas do Concello de Salceda de Caselas para paliar os efectos da subida do IBI

O Pleno da Corporación Municipal de Salceda de Caselas ven de aprobar por unanimidade as medidas fiscais encamiñadas a minimizar as consecuencias e corrixir as inxustizas derivadas do procedemento simplificado de valoración catastral iniciado pola Dirección Xeral de Catastro no Concello de Salceda.

O Goberno local do Porriño inicia un Plan de Mellora e Acondicionamento do Viario Municipal”

O alcalde do Concello do Porriño, Alejandro Lorenzo, anunciou desde Mosende que o novo goberno municipal “acometerá un Plan de Mellora e Acondicionamento do Viario Municipal”.

O PBB móvese e xoga para os nenos de Bangui

O material humanitario recollido polo "Porriño Baloncesto Base" (PBB) no marco da campaña solidaria de Nadal saíu antonte do pavillón municipal do Porriño con destino a Bangui.

Mos remata o ano coa renovación do contrato do SAF

O Pleno do Concello de Mos aprobou en Pleno por maioría dos seus membros (todos os votos a favor agás o de GañaMos en contra) a adxudicación do contrato do Servizo de Axuda no Fogar que seguirá a prestar a mesma empresa que o facía ata o de agora.

O GDR Condado-Paradanta financiará seis proxectos da comarca

A Asociación de Desenvolvemento Rural (GDR) do Condado Paradanta aprobou os proxectos subvencionables ao abeiro do Programa Leader Galicia 2014-2020, xestionado polo propio GDR a través da Consellería do Medio Rural.