Luns, 7 Xullo de 2025

A Louriña

O Porriño procede ao valado urxente do Parque do Cristo ante o risco de caída das árbores

O Concello do Porriño xa ten os resultados do informe técnico que se solicitou á Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación de Pontevedra sobre o estado dos tilos do Parque do Cristo, debido ao seu aparente mal estado e á caída de varios deles.

O Porriño contrata a esterilización da súa poboación felina

O Concello do Porriño promove unha campaña de control da poboación felina en liberdade a través da cal se esterilizarán 150 gatos que forman parte das colonias controladas no municipio.

Mos inicia coa UD Mos a ronda de sinaturas dos convenios cos clubes deportivos locais

O Concello de Mos asinou onte pola mañá o primeiro convenio de colaboración para unha das subvencións anuais a clubes e deportistas locais incluídas no orzamento municipal para este 2022.

A Deputación acondicionará as estradas EP-2403 e EP-2404 do Porriño e Gondomar

A Xunta de Goberno da Deputación vén de dar luz verde a tres proxectos de mellora das infraestruturas provinciais ao abeiro do modelo de mobilidade segura e amable da institución provincial, que supoñen un investimento de preto de 1,5 millóns de euros (1.484.931€).

O Consorcio de Augas do Louro inicia as obras de saneamento en Herville e Abelenda

O Consorcio de Augas do Louro iniciou esta semana a execución das obras de conexión da depuradora de Herville á rede de saneamento existente, o que permitirá garantir o cumprimento das esixencias medioambientais necesarias para manter o río Miñoteira en bo estado.

O Porriño presenta o seu programa de entroido que terá como protagonistas aos nenos e nenas

Na Vila do Louro xa está todo listo para disfrutar do Entroido. O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e os concelleiros de Cultura e Educación, Bienvenido Estévez e Carolina González, presentaron onte o programa de actos deseñado polo Concello, no que os nenos e nenas xogarán un papel protagonista.

O Porriño aproba a maior achega municipal da súa historia para a contratación de persoal

O pleno da corporación local aprobou cos votos a favor do Goberno Local e EU SON do Porriño, e a abstención do resto dos grupos, a maior aportación municipal da súa historia para a contratación de persoal. O custe do programa laboral deseñado polo executivo para a contratación de 43 persoas desempregadas ao abeiro da liña 3 do Plan Concellos roza o medio millón de euros: 450.489 euros, dos cales 226.489 corresponden á solicitude aprobada xa polo ente provincial.

O Porriño e Mos desfrutarán xuntos deste Entroido

Os veciños e veciñas do Porriño e Mos disfrutarán xuntos deste Entroido. Será o sábado, 26 de febreiro, cando se celebre o I Desfile Conxunto de Entroido entre ambos concellos no que participarán 16 comparsas, 8 de cada municipio.

Inicio do estudo topográfico para a senda peonil que completará a mellora da estrada Tameiga-Pereiras

O tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, o edil mosense de Urbanismo, José Areal, e o arquitecto municipal, Ramón Vega, reuníronse esta mañá no lugar da Pedraucha, parrqouia de Tameiga, coa empresa que nos vindeiros días vai iniciar o estudo topográfico .

Mos instala trampas contra as velutinas en colaboración cos apicultores mosenses

As instalacións da base do Servizo Municipal de Emerxencias e GES de Mos, sita na Veigadaña, acolleron esta tarde a entrega por parte do Concello de 400 trampas e o seu correspondente líquido atraente, adquiridos con fondos propios, como parte da campaña anual de prevención contra a vespa velutina que desde fai anos vénse desenvolvendo por parte da administración local mosense.

O Concello de Salceda contratará a 15 persoas para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais durante o ano 2022

O concello de Salceda de Caselas realizará este ano unha serie de contratacións de persoal con cargo á Liña 3 do Plan Concellos 2022-2023 da Deputación de Pontevedra , para a que se solicitou unha subvención de 139.126,46€ que foi finalmente concedida.

O Porriño vaise de pinchos polo entroido

Un total de 19 establecementos de hostalería porriñeses participarán nas Xornadas Gastronómicas do Entroido 2022.