Martes, 8 Xullo de 2025

A Louriña

Novas achegas do Plan Concellos para Redondela, O Porriño e Salceda de Caselas

A Deputación revalida o seu compromiso cos municipios da provincia coa aprobación, na Xunta de Goberno, de 2.851.477 euros da liña 1 de Investimentos do Plan Concellos que chegarán a Silleda, Cambados, Pontecesures, Caldas de Reis, Portas, Barro, Moraña, Bueu, Redondela, O Porriño e Salceda de Caselas.

A Xunta licita a eliminación da ‘Fallopia japonica’ nas Gándaras de Budiño, no Porriño

A Xunta licitou por 73.724 euros o contrato de servizo para a eliminación da Fallopia japonica, unha especie exótica invasora, nas Gándaras de Budiño, no concello do Porriño.

Salceda incorpora 15 persoas desempregadas ao seu cadro de persoal ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

O equipo de goberno local deu a benvida ás novas incorporacións de persoal contratadas ao abeiro da Liña 3 do Plan Concellos 2022-2023 da Deputación de Pontevedra. O persoal contratado ocupará postos de traballo para facer fronte a diferentes tarefas en diferentes servizos que presta o concello como os de Medio Ambiente, Recadación, Orientación Laboral, Conserxería, Biblioteca e Mantemento de dependencias municipais.

Loli Castiñeira, “xa lle gustaría ao PP de Salceda que neste Goberno cada quen fora por seu lado”

A portavoz de Movemento Salceda, Loli Castiñeira lembroulle aos populares de Salceda que no Goberno local "non están solo Tourón e Castiñeira", senón un grupo de sete persoas "que desenvolven as súas áreas de forma coordinada" "Xa lle gustaría ao PP de Salceda que cada quen tora polo seu lado", afirmou Castiñeira.

120 deportistas disputan no Porriño a XXVI Liga Galega de Baloncesto Adaptado

O Porriño converteuse unha vez máis na capital do baloncesto adaptado. Once equipos que reuniron a 120 deportistas participaron onte na primeira xornada da XXVI Liga Galega de Baloncesto Adaptado que disputou no Polideportivo Municipal.

Mos remata o mes da muller cunha axuda autonómica concedida para a contratación de vítimas de violencia

O Concello de Mos remata o mes da muller, o mes de marzo, cunha moi boa nova neste senso, a resolución favorable da concesión dunha axuda autonómica de preto de 53.000 euros para a contatación de dúas mulleres vítimas de violencia de xénero a xornada completa durante un ano.

43 persoas comezaron hoxe a traballar no Concello do Porriño

43 traballadores incorporáronse hoxe ao cadro de persoal do Concello do Porriño, onde desenvolverán as súas funcións a xornada completa durante seis meses.

Abre o prazo de inscrición nun Curso de Monitor de Ocio e Tempo Libre na Axencia de Colocación

Mañá abre o prazo de inscrición no curso de monitor de ocio e tempo libre incluído no programa municipal “Fórmate con Mos”.

O Porriño celebrou o 70 aniversario do Almanaque agrícola ZZ

O Concello do Porriño sumouse onte á celebración do 70 aniversario do Almanaque agrícola ZZ. O alcalde, Alejandro Lorenzo, participou na mañá do luns no Centro Cultural do Porriño no acto de celebración organizado polo Foro Enrique Peinador en colaboración co Concello, a Xunta de Galicia e a multinacional farmacéutica Syngenta.

O Porriño pecha coa CMVMC de Torneiros a cesión dunha parcela para habilitar aparcamentos

O Concello do Porriño e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Torneiros asinaron esta semana o convenio de cesión que permitirá á administración local facer uso duns terreos situados fronte á Fase I do polígono residencial de Torneiros.

Os nadadores do Club Natación Mos logran 6 metais na casa, no Galego de Fondo Master

O pasado domingo, 20 de marzo, celebrouse na Piscina Municipal do Pavillón Óscar Pereiro o CAMPIONATO GALEGO DE FONDO MASTER XIII MEMORIAL GERARDO STEUDEL organizado polo Club Natación Mos.

O Porriño facilita o volante de empadroamento por internet

O volante de empadroamento no Porriño xa pode obterse por vía dixital. As veciñas e veciños poden xestionar este documento a través da sede electrónica municipal.