Mércores, 9 Xullo de 2025

A Louriña

A Policía Local do Porriño detén a un home que tiña 3 ordes de busca e captura

A Policía Local do Porriño detivo na tarde de onte a un home que levaba varios meses fuxido da xustiza española. O detido, A.A.G.R., de 36 anos de idade, asentárase en Portugal para eludir as responsabilidades penais que pesaban contra el pola comisión de diferentes delitos.

Salceda retoma a normalidade do seu campamento de verán

A Concellería de Ensino e Infancia de Salceda de Caselas, xunto coa ANPA do colexio Altamira, volven a organizar con plena normalidade o campamento de verán durante os meses de xuño a setembro de 2022.

A Feira do Libro chega ao Porriño

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou onte na inauguración da Feira do Libro do Porriño, unha das 13 do circuíto de feiras do libro que celebra a Federación de Libreiros de Galicia co patrocinio da Xunta.

O alumnado-traballador de carpintería “Porriño Labora” coñece o CIFP Valentín Paz Andrade

O alumnado-traballador da especialidade de Carpintería do obradoiro de emprego “Porriño Labora” visitou as instalacións do CIFP Valentín Paz Andrade para coñecer polo miúdo a oferta formativa deste centro de formación profesional na súa modalidade.

Primeira visita escolar a Afouteza

Un total de 161 alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primaria do CEIP Atín-Cela, de Mos, participaron esta mañá nunha visita guiada polas instalacións da Cidade Deportiva Afouteza do RC Celta en Pereiras.

Esta fin de semana será o #mayosolidario do Banco de Alimentos

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo mobilizará 15 voluntarios este venres e sábado, 27 e 28 de maio, para participar no #mayosolidario organizado, por décimo ano consecutivo, por parte do supermercado Gadis.

A Xunta e o Concello de Mos analizan as alternativas para desenvolver vivendas protexidas

O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García Porto, reuniuse esta semana coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e varios técnicos municipais, para tratar sobre o proxecto de impulso da vivenda protexida no concello e a tramitación dun novo parque empresarial na localidade.

Salceda terá Mesa Local de Violencia de Xénero

O Concello de Salceda de Caselas vén de convocar para o vindeiro 30 de maio a que será a constitución da súa Mesa Local de Coordinación interinstitucional fronte a Violencia de Xénero.

Mos asina os convenios cos clubes deportivos locais

O Concello de Mos asinou esta semana no Multiusos das Pozas os convenios de colaboración para as subvencións anuais a clubes e deportistas locais incluídas no orzamento municipal para este 2022.

400 alumnos porriñeses participan na quedada literaria do parque Alba

Arredor de 400 alumnos e alumnas de once centros educativos do Porriño participaron hoxe na primeira edición da Quedada Literaria organizada polas bibliotecas dos centros participantes en colaboración coa Concellería de Educación e a OMIX.

Máis de 200 participantes na iniciativa ‘As nosas Rosas nas Parroquias’ enchen de cor as asociacións mosenses

Máis de 200 persoas participan nos obradoiros As nosas Rosas nas Parroquias, que desde o Concello de Mos organizáronse como preámbulo á Festa da Rosa 2022 que se celebrará durante todo o vindeiro mes de xuño (do día 3 ao 26).

O XogaJudo 2022 reúne no Porriño a 558 judokas

558 judokas procedentes de diferentes puntos de Galicia participarán este sábado 21 de maio, no pavillón municipal do Porriño, nunha xornada de xogo e competición.