Xoves, 10 Xullo de 2025

A Louriña

Licitadas as obras para dotar de beirarrúas e aparcamento á Fase I de Torneiros

O Concello do Porriño vén de pechar o prazo de presentación de ofertas da licitación do contrato para a dotación de beirarrúas no vial da Fase I de Torneiros, cun orzamento de licitación de máis de 81.000 euros, a fin de solventar os problemas de falta de aparcamento e seguridade vial na zona.

O Porriño reunirá a 200 deportistas no II Torneo Internacional de Tenis de Mesa

Este sábado arranca no polideportivo municipal o II Torneo internacional de Tenis Mesa Concello do Porriño con máis de 200 tenistas de mesa en acción chegados de diferentes puntos da xeografía española e portuguesa.

“Descubrindo a flora do río Caselas”, segunda actividade do programa “Un verán para a infancia”

A Concellería de Infancia porá en marcha o próximo 26 de agosto, a segunda actividade do programa “Un verán para a Infancia” titulada “Descubrindo a flora do río Caselas”.

Obradoiro dual de emprego “Queda en Mos”

O Concello de Mos ven de recibiu subvención da Consellería de Emprego e Igualdade para o desenvolvemento dun obradoiro de emprego denominado “Queda en Mos”.

Salceda mellorará os camiños das parroquias ao abeiro do Plan Concellos

A Xunta de Goberno da Deputación vén de conceder unha nova achega da Liña 1 de Investimentos do Plan Concellos 2022-2023 ao Concello de Salceda de Caselas, por importe de 115.625 euros.

O Porriño licitará a limpeza viaria das parroquias do municipio

O Concello do Porriño prepara xa a contratación da limpeza viaria e desbroce de todas as parroquias do municipio. Trátase dun servizo esencial que ten que prestarse de maneira continuada para manter as zonas rurais en bo estado e que se viña acometendo con contratacións puntuais.

Rematado o acondicionamiento de acceso a Torneiros desde a PO-331

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Vías e Obras, Ramón Porto, comprobaron o resultado das obras de acondicionamento do acceso a Torneiros dende a PO-331, cuxos traballos finalizaron esta mesma semana.

Arranca o Ciclo de teatro Amador Feteagal no Porriño

O Porriño acolle a o II Ciclo de teatro Amador Feteagal, organizado polo Concello do Porriño e a Federación Teatral Afeccionada de Galicia en colaboración con Escena Amateur.

Salceda extrema o control do consumo da auga potable diante da seca persistente

A situación de seca é de máxima preocupación para o Concello de Salceda, que está realizar un control extremo do uso da auga potable da rede municipal, polo que ven de poñer en marcha un plan para manter regados os espazos verdes e xardíns municipais con auga reutilizada e non apta para consumo.

Mos estará presente no Campionato Mundial de Patinaxe

Tres mozos de Mos competirán no campionato mundial de patinaxe que se celebrará na localidade alemá de Gotinga entre o 8 e o 13 de agosto. Forman parte do grupo de 17 patinadores do Club Ribex de Tui que participará, facendo historia, na celebración das primeiras finais da historia da Copa do Mundo de patinaxe artística.

O Porriño relanza o concurso musical “Tes talento?”

Grupos de música e solistas emerxentes terán unha nova oportunidade de promoción no Porriño: volve TES TALENTO?.

Novos recursos do Plan Concellos para Covelo, O Porriño e O Rosal

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar novos recursos do Plan Concellos para tres municipios da provincia, Covelo, O Porriño e O Rosal, cun investimento total de 434.041 euros.