Mércores, 16 Xullo de 2025

A Louriña

Mos aumenta o orzamento destinado ao SAF

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, anunciou que a Xunta de Galicia incrementará o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) ata os 12 €/hora para adiantar o compromiso de lexislatura fixado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e axudar aos concellos na prestación deste servizo municipal.

O Porriño móvese ao ritmo das rondallas

No Porriño non pode haber Nadal sen a música das súa rondallas. As dúas agrupacións do muncipio, a Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios e a Rondalla da Asociación Cultural Musical de Pontellas, serán as encargadas de marcar o ritmo.

A Deputación mellorará a mobilidade peonil na EP-2601 Mos-Puxeiros

A Xunta de Goberno da Deputación vén de adxudicar as obras de mellora da seguridade viaria e peonil na EP-2601 Mos-Puxeiros, no Concello de Mos, por un orzamento de 411.312 euros e ao abeiro do modelo de mobilidade amable e sostible da institución provincial.

Mos limpará o Castro de Torroso no 2023

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Medio Ambiente Sostible, Leo Costas, informaron hoxe de que o orzamento municipal para o vindeiro ano 2023 inclúe unha partida de 20.000 euros para a contratación da limpeza dos terreos do Castro de Torroso.

O Porriño licita a mellora da estrada Centeáns-Corzón, en Pontellas

A Concellería de Vías e Obras, que dirixe Ramón Porto, sacou a licitación o proxecto de mellora do vial municipal que conecta Centeáns e Corzón, na parroquia de Pontellas.

Éxito do acendido de Nadal de Mos

O domingo 4 de decembro celebrouse en Sanguiñeda, na rotonda das Angustias, o acendido do alumeado de Nadal. Houbo actividades dende as 11:00 h con mercadiño de artesanía, animación infantil e de rúa (zancudos, obradoiro de pintado de caras para os máis pequenos…).

A Xunta inviste no IES de Mos

A semana pasada o Conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañado polo Xefe territorial de Educación, e a Inspectora de Centros e a xefa da unidade técnica visitaron o IES de Mos.

Comeza o II Concurso infantil de postais de Nadal do Porriño

A Concellería de Educación e Normalización Lingüística do Porriño, que dirixe Carolina González, convoca o II Concurso Infantil de Postais de Nadal 2022.

Aceesa Porriño reivindica o dereito a traballar das persoas con diversidade

Centos de persoas secundaron hoxe no Porriño a `Andaina polos dereitos das persoas con diversidade´ coa que Aceesca Porriño conmemora o Día Internacional das persoas con diversidade.

Mos inclúe a baixada de impostos no orzamento de 2023

O Pleno do Concello de Mos vén de aprobar por maioría o orzamento municipal para 2023 (cos votos a favor do equipo de goberno local e a concelleira non adscrita Verónica Costas, a abstención do tamén non adscrito Román González, e os votos en contra de PSOE, GañaMos e BNG).

O Porriño acende as luces de Nadal no Día Internacional das Persoas con Discapacidade

O Porriño ultima os preparativos para celebrar o Nadal por todo o alto. Este ano o pistoletazo de saída será o vindeiro sábado, 3 de decembro, co encendido do alumbrado na praza Arquitecto Antonio Palacios.

O pleno do Porriño abordou hoxe a facturación irregular do 2017 e 2018

O goberno municipal do Porriño levou hoxe a pleno a devolución e retirada da contabilidade de facturas irregulares por importe de 1,1 millóns de euros que foron emitidas entre os anos 2017 e 2018.