Luns, 14 Xullo de 2025

A Louriña

Salceda aproba o proxecto definitivo de reparcelación do Polígono II do PERI

Con esta reparcelación o Concello pasará a dispor dunha nova parcela para equipamentos públicos de 2.738,73 m2, ademais de 5.662,73 m2 de espazos libres e zonas verdes, unha parcela patrimonial e outra para vivenda protexida.

Solventadas as incidencias advertidas por usuarios mosenses no servizo de transporte interurbano prestado por Monbús

Tras incidencias notificadas, por veciñanza afectada, ao Concello de Mos, respecto de horarios e paradas no Transporte Público Interurbano de Galicia que comunica Mos con municipios limítrofes como Vigo, O Porriño e outros; desde a administración local mosense trasladouse a problemática á consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

O Porriño volve a ser solvente pechando o 2022 cos mellores resultados da historia

O Goberno Municipal do Porriño deu conta ao pleno da liquidación das contas do ano 2022 cun remanente de tesourería de 13 M de euros e unha conta pendente de pago de facturación de 3,1 M, máis de 2M de euros descontados da facturación pendente de pago deixada polo anterior executivo que ascendía a 5,6 M de euros.

Mos homenaxeou a 90 mulleres emprendedoras do municipio

Onte pola tarde celebrouse no Pazo de Mos un acto homenaxe ás "Mulleres emprendedoras" mosenses.

RC Celta e Concello de Mos celebran o centenario do club con actividades para os mosenses

A Cidade Deportiva Afouteza acolleu onte a primeira das actividades do programa CelebraMos o Centenario, un conxunto de iniciativas previstas polo RC Celta que se desenvolverán ao longo dos vindeiros meses en colaboración co Concello de Mos.

O pleno de Mos aproba por unanimidade a cesión da parcela en San Eleuterio para vivenda protexida

Esta mañá aprobouse inicialmente no Pleno Ordinario do Concello de Mos, por unanimidade de votos favorables de todos os grupos integrantes da Corporación Municipal, a cesión da parcela municipal en San Eleuterio ao IGVS, que permita o inicio da redacción do proxecto de Vivenda Protexida en Réxime de Alugueiro 100 % pública na mesma.

O GES de Mos conta cun novo camión autobomba

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro mosense de Emerxencias, Leo Costas e membros do GES de Mos recibiron en Santiago de Compostela, de mans do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, equipamento para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) mosense, consistente nun novo camión autobomba. Con este, Mos suma 4 vehículos destinados a asistir emerxencias.

O Concello do Porriño instala un valado de seguridade en Cans

A Concellería de Obras, que dirixe Ramón Porto, iniciou estes días a instalación dun valado de seguridade na N-120, na parroquia de Cans.

Mos axiliza a instalación de ascensores en San Eleuterio sumando a Cogami ao proxecto

Tras a xuntanza celebrada hai escasos días, onte produciuse en San Eleuterio unha nova reunión entre a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Urbanismo, José Areal, técnicos municipais e, nesta ocasión tamén, técnicos de Cogami (2 arquitectos e unha traballadora social), con veciñanza de San Eleuterio, para abordar coas comunidades de veciños as axudas autonómicas existentes para dotar de ascensor aos edificios da urbanización que carecen del.

Vandalismo en Mos contra a sede de AEMOS

Esta mañá convocouse, conxuntamente desde o Concello de Mos e a Asociación de Empresarios de Mos, a membros da Corporación Municipal mosense e da directiva da Asociación para condear públicamente as pintadas perpetradas onte na fachada da sede de AEMOS.

O Concello de Salceda acondiciona a escola da Revolta para usos comunitarios

Nos últimos días deron comezo as obras de acondicionamento e mellora da Escola da Revolta, na parroquia de Parderrubias en Salceda, para usos comunitarios.

Comeza o Plan de Formación 2023 do Porriño

As actividades formativas enmarcadas no Plan de Formación 2023 do Concello do Porriño xa deron comezo coa primeira quenda do Curso práctico de Manipulación de Carretillas Elevadoras, homologado conforme á normativa UNE.