Sábado, 12 Xullo de 2025

A Louriña

Os coidados porta a porta chegan ao Porriño

O programa de Coidados porta a porta da Xunta continúa a achegar atención gratuíta en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria por todo o territorio de Galicia.

Dobre medalla para o porriñés Serxio Martínez na 42 Regata Internacional de Gondomar

O remeiro porriñés Serxio Martínez Troitiño, que vén de facer dobre podio na 42 Regata Internacional de Gondomar, foi recibido na casa consistorial como mostra do recoñecemento do seu pobo aos seus logros deportivos.

Salceda solicita un Obradoiro Dual de Emprego para mellorar centros formativos e cívicos

O Concello de Salceda de Caselas, a través da súa Concellería de Emprego e Formación, ven de solicitar á Xunta de Galicia o obradoiro dual de emprego “Reformas e Melloras de Centros Formativos e Cívicos 2023” a través da convocatoria correspondente a este ano 2023.

O Porriño prepárase para celebrar un San Xoán seguro

O Porriño xa está preparado para celebrar a noite de San Xoán. O alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de emitir un bando municipal regulando as normas para a realización das tradicionais cacharelas e sardiñadas en espazos públicos.

Entregado o primeiro diploma Duque de Edimburgo a un alumno de Mos

Na mañá de hoxe, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, acompañada de Julia Loureiro, concelleira de Educación, entregou o recoñecemento a Nacho Cano, baixo a atenta mirada da Dirección do Centro e do alumnado.

O proxecto sobre o precursor do cine galego chega ao Porriño

O proxecto “José Gil. Pontevedra, provincia de cine, na orixe do cinema” chega mañá ao Porriño para achegar á veciñanza e á comunidade educativa o legado do gran precursor do cine galego.

Nenos de Tui, O Porriño, Nigrán e Tomiño participan en “DepoEmprende na escola”

Máis de 250 nenos de colexios de toda a provincia demostraron o seu potencial emprendedor no mercado solidario efémero que instalou a Deputación de Pontevedra na céntrica praza da Porta do Sol de Vigo como colofón da sétima edición do programa “DepoEmprende na Escola”.

Presentación do libro ‘A nunca vista’ no Porriño

O Centro Cultural Municipal acolle mañá mércores, ás 19 h, a presentación e coloquio arredor do libro A nunca vista, de Ana Abad de Larriva, texto gañador do Premio Abrente de Textos Teatrais da Mostra Internacional de Teatro, MIT, de Ribadavia, en 2022, publicado pola editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas.

O Porriño doa terreos para ampliar o Centro Cultural de Mosende

O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o presidente da Asociación de Veciños de San Xurxo de Mosende, Ángel Lago, asinaron esta semana o convenio de doazón de terreos entre ambas entidades para a execución de obras de ampliación do Cento Cultural de Mosende e o acondicionamento da súa contorna.

Hoxe comeza a funcionar a liña de autobús entre Vigo, O Porriño e os polígonos

Hoxe luns, día 5 de xuño comezará a funcionar a nova liña de autobús da Xunta entre Vigo, O Porriño e os polígonos industriais da Granxa e das Gándaras.

Comeza a humanización das rúas Buenos Aires e Progreso no Porriño

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, supervisou o inicio das obras de humanización e acondicionamento das rúas Buenos Aires e Progreso, acompañado polo concelleiro de Vías e Obras, Ramón Porto, técnicos do departamento autonómico de Infraestruturas e da empresa adxudicataria.

A Deputación e Igualarte levan a Gondomar, Redondela e Salceda un espectáculo de danza e teatro

A Deputación de Pontevedra e a Fundación Igualarte, que desde o ano 2002 traballa para que as persoas con diversidade funcional poidan expresarse de maneira artística, levarán o espectáculo de danza e teatro “HabitarMe” neste mes de xuño a cinco concellos da provincia.