Mércores, 14 Maio de 2025

A Louriña

Aberto o prazo de matrícula da escola de música do Porriño

A Escola Municipal de Música do Porriño comezará este curso o día 26 de outubro nas súas instalación do Centro Cívico e abre o prazo de matriculación.

O Doutor Gonzalo de Castro falou sobre cancro de mama en Mos con motivo do Día Internacional

O Concello de Mos e AECC Mos organizaron a conferencia titulada ‘FaleMOS sobre cancro de mama’ a cargo do Doutor Gonzalo de Castro, ciruxano de mama e membro da Unidade de Mama da Área Sanitaria de Vigo que se celebrou esta tarde con motivo do Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama e na que expuxo as claves para a prevención e sensibilización.

Mos adquire 10 chalecos antibalas para a súa Policía Local

O Concello de Mos vén de adquirir para a súa Policía Local un total de 10 chalecos antibalas SIOEN modelo ITEPOL FLEX con funda exterior, protector de cremalleira, e galoneiras de ombreiro.

O obradoiro de emprego “Porremprego Cualifica II” formará a 20 persoas

O Concello do Porriño pon en marcha unha segunda edición do seu obradoiro de emprego “Porremprego Cualifica”. Para a súa posta en marcha, a Xunta de Galicia concedeu á entidade local unha subvención de 561.046,6 euros, aos que se sumarán outros 25.000 euros de achega municipal.

O Porriño incorpora vehículos eléctricos e reduce nun 35 % o renting no parque móbil

O Concello do Porriño vén de licitar a renovación do seu parque móbil mediante o sistema de renting empregando criterios de eficiencia enerxética, incorporando dous vehículos eléctricos, e de aforro do gasto público, reducindo o gasto en catro anos en máis de 216.000 euros pese a que o prezo de mercado presenta un considerable incremento.

Salceda recibe máis de 500.000 € da Xunta para un obradoiro de emprego

O Concello de Salceda de Caselas vén de recibir a comunicación da concesión de 531.046,20 euros para un obradoiro de emprego por parte da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Os empresarios de Mos impulsan a inserción laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero

Tras sete anos de experiencia na execución de programas de inserción laboral especialmente dirixidos a mulleres vítimas de violencia de xénero, Aemos presentou a primeira empresa de inserción laboral para este colectivo.

A gran festa micolóxica mosense consolídase e chega á súa décimo novena edición

Onte pola noite celebrouse no Pazo de Mos a presentación das XIX Xornadas Micolóxicas e Forestais do Concello de Mos que conta co apoio e colaboración da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra.

RCP nas aulas de Mos con motivo do Día Mundial

O 16 de outubro celebrouse o Día Mundial da Reanimación Cardiopulmonar (RCP), para divulgar a importancia de aplicar a técnica de reanimación cardiopulmonar para salvar vidas, en caso de ocorrer unha emerxencia.

Escola Segunda Oportunidade en Mos para a preparación das probas da ESO

Desde a Concellería de Emprego, que dirixe a edil Julia Loureio, infórmase de que na Axencia de Colocación do Concello de Mos impartirase unha nova edición da Escola de Segunda Oportunidade para a preparación das probas libres da ESO.

15 vivendas únense á rede de saneamento na parroquia da Picoña en Salceda

A pasada semana deron comezo as obras do proxecto de saneamento dos barrios da Ataúde e A Arrotea, na parroquia da Picoña, que lle vai permitir a 15 casas contar con este servizo esencial.

Adxudicada a obra de acondicionamento da vía paralela á liña ferroviaria no Porriño

A Xunta de Galicia acaba de adxudicar, por algo máis de 340.000 euros, a obra de acondicionamento que transcorre paralela á liña ferroviaria que se atopa na contorna do río Louro, no concello pontevedrés do Porriño.