Venres, 9 Maio de 2025

A Louriña

A Policía Local de Mos recibe o primeiro dos vehículos ECO cos que amplía o seu parque móbil

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o Xefe da Policía Local, Gerardo Álvarez, recibiron no Concello o coche modelo ‘Suv’ ECO híbrido que se financia con fondos propios do Concello mediante un renting e que forma parte da renovación e ampliación do parque móbil policial con dous novos vehículos cos que a administración local mosense aposta pola mobilidade sostible e a reducción de emisións contaminantes. Arévalo fíxolle entrega a Álvarez das chaves do novo coche policial.

Unha persoa falecida e dúas feridas nunha colisión múltiple en Mos

Unha persoa faleceu e dúas resultaron feridas ao verse implicadas nunha colisión frontal entre tres vehículos, no termo municipal de Mos. No momento de colidir, os vehículos circulaban pola N-550, á altura do punto quilométrico 148, en Louredo.

O inmoble do antigo centro de saúde de Salceda será destinado a uso sociocomunitario

O Concello de Salceda de Caselas ven de aprobar inicialmente a mutación demanial interna do seu antigo centro de saúde para destinalo a usos de carácter sociocultural, educativo ou de benestar social. A proposta foi aprobada por unanimidade dos tres grupos políticos da Corporación.

A alcaldesa e os concelleiros de Turismo e Comercio asistiron onte en Cans á “Noite dos veciños”

O XVII Festival de Cans adicou os actos programados para a tarde de onte 2 de setembro aos veciños da parroquia, coa presenza da alcaldesa do Porriño, Eva García e os concelleiros, David Alonso e Sergio Casal, ambos nativos de Cans.

Comeza o curso en Mos coas máximas medidas de seguridade e coordinación municipal coa comunidade educativa

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, visitaron hoxe as Escolas Infantís mosenses con motivo do inminente inicio do novo curso escolar 2020-2021, para comprobar o correcto cumprimento das medidas e protocolos de seguridade e para interesarse polo inicio das clases e trasladar novamente a total vontade de colaboración e a man tendida do Concello para co persoal dos centros, así como coas ANPAs.

A concelleira de Educación revisa cos directores dos centros docentes os protocolos para a volta ás clases

Lourdes Moure reuniuse hoxe cos directores de todos os centros docentes asentados no termo municipal cos que revisou os protocolos e preparativos para o regreso ás clases. A volta ás aulas comezará, de xeito escalonado, entre o vindeiro xoves 10 e o venres 11 para alumnos de Educación Infantil, Primaria e Educación Especial. Para os estudantes de ESO, FP e Bacharelato, a volta ás clases terá lugar entre os días 16, 17 e 18 deste mes.

Mos pon en marcha o programa municipal para maiores ‘Exercítate’

O programa municipal 'Exercítate' está dirixido ás persoas empadroadas no Concello de Mos maiores de 65 anos, ou pensionistas maiores de 55 anos e busca mellorar a calidade de vida dos maiores así como aumentar a súa independencia funcional e a súa autoestima.

COGAMI retoma a atención grupal no centro que ten en Mos para persoas con discapacidade

Un total de 19 persoas usuarias do centro de recursos que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) ten en Mos (Avenida do Rebullón, s/n Puxeiros) acudiron esta mañá ao centro para retomar a práctica das actividades en grupo, suspendidas durante o pasado mes de marzo tralo decreto do estado de alarma.

Mos reanuda as reunións da Comisión de Seguimento da COVID-19

O Salón de Sesións do Concello de Mos acolleu no día de onte unha nova reunión da Comisión de Seguemento da COVID-19, unha xuntanza de traballo que realizase en previsión de posibles rebrotes e na que se analiza e se establecen estratexias de seguridade, protección e prevención ante o virus.

O Orzamento 2020 de Salceda de Caselas supera os 5.000.000 de euros

O Concello de Salceda de Caselas ven de aprobar inicialmente o seu Orzamento Municipal para o ano 2020. As contas, por un total de 5.000.340 € supoñen un incremento de cerca de 200.000 € respecto do orzamento anterior, o que lle permite ao Concello ir achegándoo á súa necesidade real de gasto.

Mos recibe unha subvención para concluír o documento guía co que levar a cabo a nivel local o Pacto polo Clima

O Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía trátase dunha iniciativa impulsada hai máis dunha década a nivel europeo para implicar tamén ás administracións locais na loita contra o cambio climático. A iniciativa está coordinada e liderada desde finais de 2017 en Galicia pola Xunta.

A programación cultura de setembro arrinca co Festival de Cans e a exposición ‘Fuera de escena’

A programación cultural do mes de setembro no Concello do Porriño arrinca coa exposición “Fuera de Escena” e a celebración da XVII edición do Festival de Cans. Este martes 1, ás 20 horas, terá lugar a inauguración de “Fuera de escena”, coa presencia da alcaldesa, Eva García de la Torre e da concelleira de Cultura, Cami Moreira. Haberá unha visita guiada e ademais, a actuación da cantante porriñesa Noemí Fernández.