Xoves, 15 Maio de 2025

A Louriña

As Meninas, Campioas Galegas de Danza Coreográfica

O pasado domingo, 13 de decembro, celebrouse o XIX Trofeo de Baile Deportivo Concello de Narón que comprendía o Campionato Galego de Danza Coreográfica e Campionato Galego de Modalidade Estandard.

O CTAG desenvolveu un sistema intelixente para detección de semáforos para a mellora da seguridade viaria

O Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia, establecido no polígono da Granxa do Porriño, desenvolveu un sistema intelixente de axuda á condución que recibe información en tempo real dos semáforos para a mellora de seguridade viaria.

A Escola de Ciclismo Avanza do Porriño pecha a Copa de España de ciclocross cunha prata e un bronce

A Comunitat Valencia puxo o peche final a Copa de España de ciclocross, que neste ano so puido contar con tres probas ao non...

O Concello pon ao dispor da veciñanza un novo servizo municipal “O Porriño Informa” a través dunha aplicación para o móbil

O Concello pon ao dispor da veciñanza un novo servizo municipal denominado “O Porriño Informa”. Trátase dunha app de comunicación bidireccional entre Concello e os cidadáns. “O Porriñó informa” é unha aplicación para teléfonos móbiles que notifica aos veciños e vecinas sobre bandos, anuncios, noticias e información do Concello de xeito inmediato a través do teléfono móbil.

EU lamenta que os Orzamentos da Xunta “non contemplen ningún investimento concreto para a mellora da saúde da veciñanza do Porriño”

A coordinadora de Esquerda Unida Eva Solla, xunto coas concelleiras de EU Son do Porriño, Blanqui Francés e Patricia Sío valoraron en rolda de prensa os orzamentos da Xunta de Galicia que afectan ao Porriño. A concelleira de EU Son Porriño Patricia Sío, centrou a principal eiva dos orzamentos da Xunta na ausencia total de investimento tanto para a mellora do centro de saúde tanto en materia de infraestruturas como de medios humanos.

Mos inicia as obras de saneamento en Pardellas, Cela,

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e o edil da parroquia de Cela, Gonzalo Alonso, visitaron onte as obras de acometida da rede de saneamento no Camiño do Monte de Pardellas na parroquia de Cela. Estes traballos lévanse a cabo a través do Plan Concellos e mediante os mesmos instálanse un total de 467,97 metros de tubería e darase servizo a 18 vivendas e 72 habitantes.

O PXOM de Mos, totalmente blindado tras non ser admitido polo Tribunal Supremo o recurso da “Fonte da Portela”

O tribunal supremo do contencioso administrativo da por finalizado o pleito do recurso de casación preparado pola entidade Fonte da Portela (unha das comunidade de propietarios das naves situadas no polígono do Rebullón).

O Concello de Mos, sigue na liña de apoio á hostalería

O persoal da Axencia de colocación atópase a disposición do todolos hosteleiros/as que precisen axuda para realizar estes trámites. Ante a situación de crise actual provocada pola pandemia da Covid-19, o tecido empresarial do noso municipio e dos municipios limítrofes reséntese de forma alarmante, e o sector hostelero, é un dos máis perxudicados nestes momentos.

EU do Porriño négase a seguir formando parte dunha Comisión de Seguimento da COVID “totalmente inoperante”

O Grupo Municipal de EU Son do Porriño anunciou a súa intención de non seguir formando parte "dunha Comisión de Seguimento da COVID sen contido e usada a a conveniencia para lexitimar a inoperancia, a desidia e incapacidade de xestión".

Mos fomenta a creatividade do Nadal entre os máis pequenos

Coa chegada do Nadal chega tamén a Mos o concurso infantil de postais para nenos de 3 a 12 anos de idade. Entrarán en concurso todas as creacións entregadas ata o día 22 de decembro na Biblioteca Municipal. O certame componse de tres categorías e cada unha delas terá un premio que constará dun vale para libros e material escolar máis un diploma.

Salceda e As Neves renovan o servizo de atención temperá conxunto

Os Concellos de Salceda de Caselas e As Neves veñen de asinar a renovación do convenio de xestión conxunta do gabinete de atención temperá para atención á poboación infantil de 0 a 6 anos, co obxectivo de seguir a dar resposta ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

Mos inicia por oitavo ano consecutivo un novo exercicio orzamentario coa conxelación de impostos

O goberno de Mos segue coa a súa política fiscal, iniciada hai oito anos, tendente a non incrementar a presión fiscal da cidadanía. As cotas que se pagan polos tributos municipais son as mesma dende hai case unha década. Este ano, o goberno tivo moi en conta a situación de crise económica que se está a vivir por mor da Covid-19, e decidiu non modificar os impostos locais de tal xeito que non se aumentasen ningún dos tributos.