Xoves, 3 Xullo de 2025

A Louriña

Mos celebra o seu ‘Entroido na casa’ con moito sentidiño

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, presentaron hoxe a programación do Entroido 2021 que, por mor da crise sanitaria da COVID-19, celebrarase exclusivamente on line baixo o lema 'Entroido na casa. O mellor Entroido de Mos está na túa casa'.

En exposición pública a numeración do casco urbano

Ata o vindeiro luns 15 de febreiro permanecerá en exposición pública a nova numeración do casco urbano de Salceda de Caselas, para que as persoas afectadas poidan realizar alegacións se o consideran oportuno.

13 barrios de 6 parroquias mosenses terán internet de banda longa este ano

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Novas Tecnoloxías, Leo Costas, xunto con persoal municipal do Concello de Mos, reuníronse esta mañá por videoconferencia coa coordinadora de despregue FTTH para Galicia e Asturias de Telefónica, Patricia Rodiño.

Hoxe incorpóranse cambios no Transporte Urbano de Mos

Desde a Concellería de Mobilidade do Concello de Mos, que dirixe a edil Julia Loureiro, infórmase de que o Servizo de Transporte Urbano Municipal, TUM, do Concello de Mos incorpora algúns cambios que entrarán en vigor hoxe luns 1 de febreiro.

O CAAN da Deputación recolleu unha camada cun total de 7 cachorros en Porriño

Aínda que o número de recollidas de animais que realiza o Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra nos 50 concellos adheridos ao servizo vai acumulando unha tendencia descendente nos últimos anos, a loita pola erradicación do abandono animal segue a ser unha prioridade.

Salceda chama ao autoconfinamento

A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, ven de facer unha chamada ao autoconfinamento da veciñanza, tras o incremento de casos positivos que se están a producir nos últimos días, e que sitúa ao municipio na alarmante cifra de 104 novos casos nos últimos 14 días.

Excarcerada unha muller despois de que o seu coche volcase contra un poste en Mos

Unha muller foi excarcerada, esta mañá, despois de que o seu coche se saíse de vía e quedase envorcado en Mos. Arredor das 07:00 horas, o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular que informaba dun vehículo accidentado, na estrada de Petelos cara Peinador.

A Ordenanza de Terrazas aprobada polo Concello regulará a ocupación dos espazos públicos

O pleno da Corporación Municipal do Porriño aprobou, na sesión de onte, a Ordenanza Reguladora do Uso das Terrazas, cos votos a favor do PSOE, BNG e EU SON. Entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO). A partir desa data, establecerase un prazo de regularización de tres meses.

O Concello suspende temporalmente o mercado ambulante e anuncia unha nova liña de axudas á hostalería, comercio e autónomos

O Concello do Porriño suspenderá temporalmente o mercado ambulante durante as tres vindeiras semanas, segundo acordou onte a Comisión Municipal de Seguimento da Covid. Tamén durante ese período de tempo pecharanse os parques infantís e os recintos culturais, sociais e deportivos, conforme ás restricións que acordou a Xunta de Galicia e vixentes ata o 17 de febreiro.

Mos denuncia o “incumprimento” de R na implantación da banda longa no municipio para o que recibiu unha subvención estatal

O Concello de Mós vén de notificar, por medio da remisión do pertinente oficio ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, que a empresa R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U non completou as actuacións necesarias para a implantación do programa de extensión da banda longa de nova xeración en Mos, pola que recibiu subvención da devandita administración estatal, segundo informaron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Leo Costas.

O Porriño presenta un proxecto de humanización da rúa Manuel Rodríguez e tres novas redes de saneamento en Atios e Pontellas

O goberno municipal do Porriño presenta ao Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra catro proxectos que “apostan pola humanización das rúas e polo aumento da rede de saneamento nas parroquias”, segundo explicou Pedro Pereira, concelleiro de Infraestruturas.

Un total de 16 empresas presentan ofertas para executar a nova senda peonil e ciclista na estrada PO-411 en Parderrubias, en Salceda de Caselas

Un total de 16 empresas veñen de presentar as súas ofertas para executar as obras da nova senda peonil e ciclista na estrada autonómica PO-411, en Parderrubias, no concello de Salceda de Caselas, que suporá un investimento da Xunta de máis de 876.000 euros.