Venres, 4 Xullo de 2025

A Louriña

O Concello ofrece asesoramento para solicitar as axudas da Xunta para melloras paisaxísticas de propiedades situadas no Camiño de Santiago

David Alonso, concelleiro delegado de Turismo, anunciou que o Concello ofrece asesoramento aos cidadáns do Porriño que queiran solicitar as axudas económicas que a Xunta de Galicia vén de convocar para a mellora paisaxística dos activos que se atopan no Camiño de Santiago.

6 farmacias de Mos farán test de saliva para detectar a Covid-19

As 6 farmacias mosenses, a de Mos, Puxeiros, Rebullón, Peinador, Sanguiñeda e Pereiras, comezaron hoxe a relizar o seu cribado para detectar a COVID-19. Desde as farmacias lembran que os tests poderán ser realizados por persoas de 40 a 65 anos que deberán acudir persoalmente e aportar DNI e tarxeta sanitaria.

Saldeda mantén vivo o seu histórico Entroido apostando pola súa celebración de xeito virtual

Poucos entroidos do sur de Galicia teñen a tradición centenaria do Entroido de Salceda de Caselas. Este ano toca reinventarse e amosar que, nin a pandemia da COVID é quen de frear unha celebración popular como poucas. Optase, iso si, polas novas tecnoloxías que permiten que se poidan celebrar actividades, de xeito virtual, garantindo o cumprimento das normas sanitarias e de seguridade.

Fernández-Tapias entrega tendas de campaña á agrupación de Protección Civil do Porriño para reforzar as intervencións

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, entregou hoxe dúas tendas de campaña ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil do Porriño e Cangas, beneficiarios da orden de equipamentos de emerxencias destinada a municipios de menos de 50.000 habitantes.

O parque canino de Mos ubicarase na área de lecer de Sanguiñeda

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Medio Ambiente Sostible, Leo Costas, informaron de que o Concello xa ten determinada a localización para o parque para cans pioneiro en Galicia, que se construirá con financiación autonómica. A área de lecer canina integrarase no xa existente parque de Sanguiñeda, zona recreativa de gran extensión na que conviven o parque da auga, parque infantil, espazos verdes… e agora incorporará tamén un parque específico para cans.

A alcaldesa do Porriño agradece o cribado ao SERGAS e anima á veciñanza a participar

A alcaldesa do Porriño, Eva García, agradece ao Servizo Galego de Saúde e en particular á Xerencia da Área Sanitaria de Vigo que "atendeu en tan pouco tempo" a petición de realizar un cribado masivo entre a veciñanza do Porriño.

Un traballador resultou ferido ao sufrir un accidente mentres manexaba unha máquina industrial en Mos

Un operario necesitou asistencia médica na mañá de hoxe despois de sufrir un accidente con unha máquina industrias. O accidente tivo lugar ao fío das 07:15 horas desta mañá no concello pontevedrés de Mos.

Policía Local do Porriño e Garda Civil deteñen a dúas persoas con cocaína e cartos agochados nun vehículo

A Garda Civil do Porriño, en colaboración coa Policía Local do Porriño, detivo o pasado mércores a dúas persoas que se atopaban no interior dun vehículo ao atopar en diferentes partes do coche e logo da identificación dos ocupantes, catro bolsas que contiñan o que logo de comprobou que era cocaína, cun peso de 78,8 gramos así como 420 euros en metálico.

O Concello anuncia que contratará a 25 persoas para apoiar varios servizos municipais

O Concello do Porriño, a través do departamento de Emprego, que dirixe David Alonso, anuncia que xa atópase aberto o prazo para os interesados ​​e interesadas ​​en obter contratos de 6 meses para os 25 postos de traballo convocados para reforzar diferentes servizos municipais.

Alcaldesa e conselleiro anuncian as inversións en Educación en Mos para este ano

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse onte pola tarde por videoconferencia co conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez González nunha xuntanza da que se concluíu, tal e como informou a rexedora local mosense, “a resposta afirmativa por parte do conselleiro á práctica totalidade das propostas realizadas por esta alcaldía”.

O Concello do Porriño autoriza o inicio do muestreo encargado pola Xunta nas zonas afectadas por lindano

O Concello do Porriño autoriza o inicio das mostraxes encargadas pola Xunta de Galicia para investigar zonas do municipio afectadas polo lindano. O traballo de prospección será desenvolvido pola empresa "GEOCISA" ("Geotecnia y Cimientos S.A").

Mos vólcase coa formación dixital adaptándose ás circunstancias da nova realidade

A Concellería de Promoción Económica, Desenrolo Empresarial e Emprego, que dirixe a edil Julia Loureiro, informa de varias iniciativas postas en marcha desde a Axencia de Colocación de Mos nas que as persoas interesadas en inscribirse para participar nelas deberán facelo esta semana.