Mércores, 2 Xullo de 2025

A Louriña

A Concellería de Patrimonio restaura a Fonte da María Rosa en Pontellas

Están a rematar as obras de restauración da Fonte da María Rosa en Pontellas. Despois de anos en estado de abandono, a Concellería de Patrimonio que dirixe o nacionalista Pedro Pereira, está a levar a cabo obras de mellora e conservación neste elemento patrimonial municipal.

EU-Son do Porriño denuncia que se parase a gravación do Pleno para “agochar a unha alcaldesa fóra de control”

O grupo municipal de EU-Son no Porriño vén de denunciar que no Pleno celebrado o día 31/03/21 "paránronse tanto a gravación como a transmisión en directo da sesión" un feito que segundo as concelleiras de EU "aconteceu xustamente cando a alcaldesa ameazou á nosa voceira coa intervención policial se non abandonaba o salón de plenos por non retirar o que ela cualificou como insulto mentirosa". Así o manifestou o xefe de prensa con un "la grabación está parada".

O nadador Juan Ferrón recibe unha subvención nominativa do Concello de Mos

O Pleno do Concello de Mos aprobou o pasado luns, 29 de marzo e por unanimidade, conceder unha subvención nominativa para o presente ano 2021 ao nadador do Club Natación Mos, Juan Ferrón.

A Concellería de Patrimonio do Porriño restaura a ‘fonte da María Rosa’ en Pontellas

A Concellería de Patrimonio do Concello do Porriño, que xestiona o nacionalista Pedro Pereira, está a piques de rematar as obras de restauración da Fonte da María Rosa en Pontellas. Despois de anos en estado de abandono, a Concellaría desenvolve obras de mellora e conservación neste elemento patrimonial municipal. O proxecto execútase con cargo a unha liña de subvencións para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico e cultural da Deputación de Pontevedra.

O Pleno de Mos aproba o convenio asinado para a posta en marcha do novo GES Mos-Redondela

O Pleno do Concello de Mos aprobou por unanimidade dos seus membros o pasado luns 29 de marzo a ratificación da aceptación do convenio asinado entre a administración local mosense, Xunta, Federación Galega de Municipios e Deputación provincial para a posta en marcha dun novo GES Mos-Redondela.

As socialistas de Salceda elevan ao Parlamento de Galicia o abandono da Xunta en materia de emprego

A deputada do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Paloma Castro, visitou Salceda de Caselas para, acompañada pola portavoz e tenente de alcaldesa, Verónica Tourón, coñecer sobre o terreo a situación dos desempregados e desempregadas do municipio. No decurso da visita, Verónica Tourón informou a Paloma Castro que a Xunta de Galicia "rexeitou a solicitude dun novo Programa Integrado de Emprego que daría posibilidades de inserción laboral e mellora da empregabilidade a 100 veciñas e veciños de Salceda".

A Xunta adxudica a construción da nova senda peonil e ciclista en Parderrubias, en Salceda de Caselas

A Xunta vén de adxudicar as obras da nova senda peonil e ciclista na estrada autonómica PO-411, en Parderrubias, no concello de Salceda de Caselas, por un importe de máis de 710.000 euros.

O Concello de Mos bonifica o 95% do IBI a 5 asociacións

Na sesión plenaria ordinaria do mes de marzo celebrada onte luns día 29 no Pazo de Mos a Corporación Municipal mosense aprobou unánimemente – coa totalidade dos votos a favor- bonificar o IBI a 5 asociacións do Concello.

Mos ofrece á mocidade cinco días ininterrompidos de cultura urbana online

O Concello de Mos poñerá en marcha, durante esta Semana Santa, un programa online de actividades de cultura urbana que baixo o título 'Semana da Cultura Urbana nas redes' estará cargada de contidos para aprender e practicar Hip Hop, break, graffiti, Turntablism, Skateboard, Roller Skate, BeatBox ou Rap.

O Ministerio de Hacienda envía 15.500 notificacións de Catastro á veciñanza de Salceda

O Concello de Salceda de Caselas segue a atender á veciñanza afectada polo procedemento iniciado de oficio polo Ministerio de Hacienda a través do Catastro nos concellos de Mos, O Porriño, Bueu e Salceda. A oficina habilitada con catro persoas leva atendido xa máis de 600 notificacións nestas dúas semanas, que fundamentalmente responden a erros de titularidade e/ou medicións. A próxima semana a oficina funcionará tamén polas tardes, para poder deste xeito atender a un maior número de persoas.

Técnicos do equipo de La Vuelta 21 visitan o alto de Herville

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto co ciclista mosense, Óscar Pereiro, único galego gañador dun Tour de Francia, técnicos do equipo de La Vuelta Ciclista a España, representantes da Comunidade de Montes de Herville e da Policía Local de Mos, o concelleiro da parroquia de Cela, Gonzalo Alonso, e o novo concelleiro de Deportes do Concello de Mos, José Areal, visitaron o alto de Herville para supervisar o enclave no que se instalará a meta da etapa 20 de La Vuelta 21 o vindeiro 4 de setembro.

Mos inicia o proxecto da senda peonil Porselo-Brea que alongará a de Torroso para convertela nunha ruta circular de preto de 3 quilómetros

O Pleno do Concello de Mos aprobou onte o inicio do expediente de expropiación da nova senda peonil Porselo-Brea, que enlazará coa xa existente senda peonil de Torroso (que vai desde o Multiusos das Pozas ata ASODIFISI) formando unha senda circular de preto de 3 quilómetros de lonxitude.