O Concello do Porriño, dende a Concellería de Educación e Normalización Lingüística que dirixe Carolina González, convoca o I Concurso Escolar de Carteis do Entroido no que se buscan as mellores ilustracións para promocionar as festas do Entroido do Porriño.
EU Son do Porriño vén de dar a coñecer que na asemblea celebrada onte, 30 de xaneiro, a concelleira Blanca Francés informou, tanto á militancia coma simpatizantes, a decisión de "deixar a súa acta como concelleira por motivos de saúde". Este paso, comunicado hai xa meses ao resto do Consello, viuse aprazado dada a complicada situación que se vivía no Concello do Porriño.
O Porriño gardou hoxe un minuto de silencio en sinal de loito polo pasamento da que foi a súa alcaldesa durante seis anos e concelleira da corporación, Eva García de la Torre.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, en nome de toda corporación local trasmite a inmensa dor e respecto polo inesperado pasamento da que fora alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre e trasladan as máis sentidas condolencias á familia.
O Concello do Porriño traballa xa na elaboración das bases do Entroido 2022. A expensas da evolución da pandemia e tamén do protocolo específico comprometido pola Xunta de Galicia que permita determinar a data do desfile, o goberno municipal aclarou hoxe que o Entroido volverá este anos ás rúas do Porriño e xa se está organizando.
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo unha xuntanza co novo alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, para coñecer de primeira man as actuacións prioritarias que acometerá no mandato.
Dende a Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Antía Carrera, advertiuse hoxe que o Concello do Porriño actuará con contundencia ante os verquidos ilegais que se están a detectar no municipio.
Representantes da Asociación de Veciños Castelo de Cans trasladaron ao goberno municipal as necesidades da súa parroquia nunha reunión na que estiveron presentes o alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Asociacións, Parroquias e Cultura, Bienvenido Estévez.
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou na mañá de hoxe os tres concellos onde a Xunta de Galicia levou a cabo obras de renovación das súas infraestruturas deportivas a tenor dos convenios de colaboración asinados cos gobernos locais.
O Concello do Porriño, a través da concellería de Cultura que dirixe Bienvenido Estévez, está a xestionar a reorganización de horarios e espazos da sala de estudos para atender á demanda do colectivo de estudantes. O departamento de cultura iniciará os trámites para a contratación de persoal que permita que as instalacións estean abertas as fins de semana e horarios especiais para épocas de exames para que os mozos e mozas do Porriño dispoñan dun lugar propicio para o estudo no seu municipio.
O Goberno Municipal do Porriño, que preside Alejandro Lorenzo, vén de poñer en marcha un plan de recuperación e acondicionamento do paseo do río Louro a fin de recuperar este espazo como a alternativa verde de lecer saudable. A tal fin, o rexedor anunciou hoxe que xa se traballa na licitación do mantemento e limpeza da senda fluvial.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.