Martes, 1 Xullo de 2025

O Porriño

O Porriño clausura o obradoiro de emprego tras formar unha vintena de persoas

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañado pola concelleira de Emprego e Formación, Rosario Costas, participou esta mañá no acto de clausura do Obradoiro de Emprego “Porriño Labora” promovido polo Concello do Porriño a través dunha subvención da Xunta de Galicia.

As pistas de tenis do Porriño xa contan con vestiarios equipados

Os tenistas do Club Tenis Porriño e todos aqueles que fan uso das pistas municipais de tenis dispoñen xa de vestiarios totalmente equipados.

Iván Raña, padriño do VII Tríatlon Concello do Porriño

O vindeiro sábado 16 de xullo centos de atletas percorrerán os 25.950 km de circuito do Tríatlon Concello do Porriño, entre eles, o Campión do Mundo, Iván Raña que ademais de participar este ano apadriña o evento.

O porriñés Santos Lemos segue sumando marcas ao seu palmarés

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, recibiu na Casa Consistorial ao ciclista porriñés Santos Lemos, que se proclamou recentemente campión da Copa de España de Enduro na súa categoría.

Catro novos traballadores incorpóranse ao persoal do Concello do Porriño

O Concello do Porriño contará durante un ano con catro traballadores máis no seu cadro de persoal que reforzarán as áreas de emprego e formación, urbanismo e administración xeral. Todos/as eles/as son mozos/as que terminaron os seus estudos hai menos de tres anos e que se atopaban en situación de desemprego.

Os amantes do coral teñen unha cita este domingo no Porriño

Os amantes do canto coral teñen unha cita este domingo no Porriño. A Avenida de Galicia acollerá, a partir das 20 horas, o concerto no que participarán tres agrupacións porriñesas.

A Escola Municipal de Música do Porriño abre as inscricións para o vindeiro curso

A Escola Municipal de Música do Porriño abre o prazo de inscrición previa para o curso 2022/2023. Poderase solicitar praza entre o 1 de xullo e o 19 de xullo.

O Porriño recupera os seus xogos olímpicos, volve Porrigalia

O Porriño volve transformarse en sede dos xogos olímpicos que reúnen ás principais civilizacións. Galos, castrexos, exipcios, romanos e gregos loitarán esta fin de semana impoñerse nos VI XOGOS OLÍMPICOS DO PORRIÑO. PORRIGALIA 22.

A caravana LGTBIQA+ promove o respecto á diversidade no Porriño

Unha caravana multicor aparcou hoxe no Porriño con motivo do Día do Orgullo LGTB para extender os valores do respecto, a tolerancia e a liberdade nas rúas da vila, no marco da programación impulsada pola concellería de Igualdade.

O Porriño acometerá a renovación da cuberta do Centro Cultural

O Concello do Porriño anunciou que acometerá a renovación da cuberta do Centro Cultural Municipal, xa que presenta deficiencias na impermeabilización.

O Consorcio de Augas do Louro entrega os premios do V Concurso de Debuxo

A EDAR de Guillarei acolleu hoxe a entrega dos premios da quinta edición do concurso de debuxo infantil impulsado polo Consorcio de Augas do Louro con motivo do Día Mundial da Auga, que desta vez xirou baixo o lema “AQUAL E ODS6, NO NOVO RETO AQUA-OLÍMPICO”.

Pedaleando 6.000 quilómetros contra a ELA

Coincidindo co Día Mundial da ELA, que se celebra cada 21 de xuño, o porriñés José Manuel Domínguez “Tonono Bike” deu o martes a primeira pedalada do seu reto persoal e social: 6000 km pola ELA.