Mércores, 2 Xullo de 2025

O Porriño

O Porriño conmemora o Día Internacional da Radio

A praza Arquitecto Antonio Palacios converteuse hoxe nun enorme estudio de radio cos nenos e nenas do Porriño aos micrófonos. A Concellería de Educación, que dirixe Carolina González, a través da OMIX, conmemorou o Día Internacional da Radio.

O Porriño disfrutará dun novo espazo verde no casco urbano

Un proxecto municipal para o acondicionamento e a humanización dun novo espazo verde público no casco urbano foi o tema central tratado na última xuntanza que o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, tivo a pasada semana en Santiago de Compostela, coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez.

O Porriño vólcase con San Valentín

O Concello do Porriño conmemora San Valentín con música e a instalación dun photocall baixo o lema “Amor por Porriño”.

A ampliación do Centro de Saúde do Porriño rematará este 2023

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, asistiu á visita programada pola Consellería de Sanidade ás obras de ampliación do centro de saúde da vila, encabezada polo titular da mesma, Julio García Comesaña e o conselleiro do Medio Rural, José González.

O Porriño e a xunta humanizarán e acondicionarán un espazo verde público na vila

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, avaliaron un proxecto municipal para o acondicionamento e humanización dun espazo verde público situado entre as rúas Pío XII, Antonio Palacios, Ramón González e avenida Domingo Bueno.

O Pleno do Porriño aproba unha iniciativa do BNG para mellorar o aparcadoiro público da rúa Leandro Diz

O Pleno do Concello do Porriño vén de aprobar unha moción presentada polo BNG na que a forza nacionalista instaba ao Goberno local a dotar unha partida orzamentaria para executar de forma urxente as obras de pavimentación en asfalto e sinalización de prazas no aparcadoiro da rúa Leandro Diz, amais instalación dunha rede de iluminación que garanta a seguridade na zona e a construción dun pozo de recollida das augas pluviais.

O Porriño pon en marcha cursos en 16 asociacións

Aerobic, zumba, ximnasia, pilates, teatro, pintura, música e baile tradicionais, coro, playback, acordeón, costura, labores, manualidades, arte floral e incluso poda e enxertos. Así de variada é a listaxe de cursos formativos e de lecer que dende o Concello do Porriño ofrecen ás 16 asociacións culturais e de veciños de todo o termo municipal.

O Porriño contará cun novo aparcadoiro gratuíto

O Concello do Porriño habilitará unha nova zona de aparcamento gratuíto no centro urbano. A tal fin, o Concello formalizará o aluguer de varias parcelas que abarcan unha superficie total de 14.327 metros cadrados nun lugar estratéxico de acceso ao centro.

As pistas de pádel do Porriño serán renovadas

O estado impracticable no que se atopan as dúas pistas de pádel que o Concello do Porriño dispón nas inmediacións do polideportivo municipal fai que cada día os usuarios que rexistra sexan menos, ao que se lle une ademais un taxa pola súa utilización, que data en 2017.

Máis de 40 pilotos de Galicia e Portugal reúnense mañá no Porriño

O Concello do Porriño acolle un evento de scalextric primeiro nivel, será da man do Slot Club Porriño, na súa sede localizada no número 2 da rúa Ourense. Trátase do Campionato Ibérico Legend organizado pola marca SRC.

O Porriño vólcase coa igualdade

O Porriño vólcase un ano máis coa igualdade. O alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Educación e Igualdade, Carolina González, presentaron o inicio da programación anual baixo o lema “Da man da educación cara a igualdade”.

O Porriño lanza unha campaña de control de poboación felina

O Concello do Porriño promove unha campaña de control da poboación felina en liberdade a través da cal se esterilizarán 120 gatos que forman parte das colonias controladas no municipio.