Domingo, 4 Maio de 2025

O Porriño

Volve o mercadiño ambulante dos domingos ao Porriño

Logo do parón no mes de agosto debido ás altas temperaturas e á baixa participación, detectada xa en xullo, as feiras do primeiro domingo de cada mes volven ao Porriño. Deste xeito, o vindeiro domingo 3 de setembro haberá mercado ambulante na vila do Louro.

Novo aparcamento no casco urbano do Porriño

O Porriño suma preto dun cento de novas prazas de estacionamento gratuíto no casco urbano. No último ano e medio, dende o Concello estase a xestionar a consecución de diversas parcelas, mediante a sinatura de convenios cos seus propietarios, co fin de habilitalas como aparcamento público de vehículos.

O CEIP Xosé Fernández López estrena curso con comedor

Anunciárase fai uns meses e xa é unha realidade. O CEIP Xosé Fernández López ofrecerá neste curso que está a piques de comezar o servizo de comedor escolar.

O Porriño recibe peregrinos de Italia que realizan o Camiño pola Costa polo autismo

Un grupo da Associazione Mulino Sambuy de Turín, Italia, chegaba pasadas as 14.00 horas deste sábado á Praza Arquitecto Antonio Palacios do Porriño logo de iniciar en Tui, a mañá do domingo, o Camiño Portugués a Santiago.

A Xunta ultima a posta en marcha do polo de emprendemento do Porriño

O Porriño albergará un dos 15 polos de emprendemento e apoio ao emprego postos en marcha pola Xunta de Galicia antes de que remate 2023.

O Porriño comeza as obras do antigo campo da feira

A humanización do antigo campo da feira do Porriño coñecido agora como Parque Infantil, nome dunha das rúas que o bordea, será unha realidade a comezos de 2024.

O Porriño instala unha pantalla xigante para ver a final do Mundial Feminino de Fútbol

O Concello do Porriño únese á celebración do pase de España á final da Copa Mundial Feminina da FIFA e instalará unha pantalla xigante no centro da vila para que todo aquel que o desexe poida seguir en directo o encontro.

Adxudicadas as obras de mellora en varias parroquias do Porriño

O Concello do Porriño adxudicará nos próximos días varias obras de mellora do pavimento e extensión da rede de saneamento en varias parroquias do termo municipal.

Avanzan as obras de saneamento en Budiño

O Concello do Porriño avanza nos traballos de extensión da rede de saneamento na parroquia de Budiño.

Curso de iniciación á informática na aula CeMIT do Porriño

Do 14 ao 28 de agosto a aula CeMIT do Porriño ofrece un curso para iniciarse na informática e internet dirixido a aquelas persoas que non teñan ningunha experiencia neste eido e queiran adquirir uns coñecementos básicos.

Arranca no Porriño unha exposición para a concienciación sobre o cambio climático nas emerxencias

O Porriño acolle a primeira das exposicións itinerantes organizadas pola AXEGA que terán lugar na área transfronteiriza para concienciar á poboación ante as emerxencias derivadas do cambio climático e dos desastres naturais.

A XIII Festa do Cabrito ao Espeto do Porriño agota existencias

Centos de persoas achegáronse onte a Chenlo para degustar a súa ración de cabrito. A décimo terceira edición da Festa do Cabrito ao Espeto agotou existencias e deu mostra, un ano máis, de que se trata dun evento consolidado que cada primeiro de agosto é quen de congregar a persoas chegadas de toda a provincia.