Fin de semana decisiva para o deporte mosense de alto nivel. Deportistas de diferentes clubes deportivos de Mos e disciplinas deportivas moi diversas disputan entre hoxe e o vindeiro domingo probas de alta competición que serán decisivas para as súas carreiras deportivas e para a historia do deporte mosense.
A Xunta de Galicia impulsa, da man do Concello de Mos, un programa de voluntariado interxeracional centrado na atención ás persoas maiores do municipio. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, animaron hoxe á participación da veciñanza nesta iniciativa, que leva por título ‘Compartindo experiencias de vida’.
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asegurou durante a visita ás instalacións de TyM Ganain en Mos, que empresas como esta permiten a Galicia contar cunha potente industria auxiliar.
Tras o éxito da dúas previas, Mos emprende a terceira campaña de prevención do abandoo e/ou perda de cans mediante a subvención do microchip obrigatorio.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou esta mañá os traballos da pasarela peonil en Amoeirolongo e reuniuse a pé de obra con técnicos do Ministerio de Fomento para comprobar o desenvolvemento dos labores na Estrada Nacional 550, e esixirlles máxima celeridade na execución das obras, que comezaron a principios de setembro e xa terían que estar rematadas dende hai tempo.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura e Participación Cidadá, Sara Cebreiro, presentaron esta tarde a Programación do Entroido de Mos para este ano 2023.
Esta mañá aprobouse por unanimidade no Pleno Ordinario do mes de xaneiro do Concello de Mos a regularización da parcela municipal en San Eleuterio, para a súa posterior cesión ao IGVS, que permita o inicio da redacción do proxecto de Vivenda Protexida na mesma.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou onte as obras recentemente iniciadas da nova senda cicloturista Alto de Barreiro-Santiaguiño. Arévalo, rexedora local mosense, informou de que os traballos deron comezo a principios de ano, tras as pasadas festas de Nadal.
No día Mundial da Educación Ambiental a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Medio Ambiente Sostible mosense, Leo Costas, visitaron o Lavadoiro do Martingueiro en Sanguiñeda para informar de que a administración local mosense vén de investir 27.000 euros na reparación dunha fonte e 2 lavadoiros.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron de que desde o Concello séguese a apostar por ampliar a rede de saneamento no municipio ata chegar ao saneamento integral, e séguense a investir fondos propios a tal fin, a pesares de non ser competencia municipal.
Onte celebrouse, no multiusos das Pozas, a recepción a Sara Bugallo Vila, de 16 anos e estudante de 1º de Bacharelato no IES de Mos, polo premio autonómico obtido polo seu expediente académico da ESO.
Mos está de celebración, na tarde de onte tivo lugar, no salón de sesións do Concello de Mos, a recepción aos boxeadores do clube mosense CKM de Mos Laura, Agustín, Álex e Manuel, que o pasado mes de decembro erixíronse campións e subcambións galegos, respectivamente, de boxeo.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.