Domingo, 11 Maio de 2025

Tui

Tui acollerá neste mes de outubro tres obradoiros do programa ‘Cultivando a Igualdade’

Neste mes de outubro impartiranse en Tui tres obradoiros do programa “Cultivando a Igualdade”. Están organizados por Fademur Galicia, a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais, coa colaboración do Concello de Tui e o financiamento do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social con cargo a asignación tributaria do IRPF.

Tui rexistra un total de 21 casos activos por COVID-19 descendendo en 10 o número de persoas afectadas dende o pasado luns

O número de casos activos por COVID-19 en Tui ascende nesta xornada a 21 persoas. Está é a cifra dada a coñecer no día de hoxe ao alcalde de Tui. Experimentouse un descenso no número de persoas afectadas de coronavirus dos 31 que se rexistraron o luns aos 21 da xornada de hoxe.

“O Camiño do humor” con viñetas de Davila dáse cita na Sala Municipal de Exposicións de Tui

A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle desde este venres día 2 ata o 24 de outubro unha exposición de viñetas do ilustrador e deseñador gráfico galego Luís Davila (Bueu, 1972). Baixo a denominación de “O Camiño do humor” mostra una escolma das viñetas que Davila publica cada día no xornal “Faro de Vigo”. Esta mostra está organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia.

Este xoves preséntase en Tui o libro ‘Memorias dun pobo, Santiago de Malvas e as súas xentes (1159-2020)’ de Raimundo Martínez

Este xoves, 1 de outubro, ás 20 h terá lugar no edificio Francisco Sánchez (Área Panorámica) a presentación do libro, recentemente editado, de Raimundo Martínez dedicado a súa parroquia de Santiago Malvas. O acto forma parte do programa conmemorativo dos 50 da Biblioteca Municipal de Tui.

O departamento de Urbanismo centraliza a atención ao público no teléfono 607 35 58 41

O Concello de Tui lembra que o teléfono de atención do departamento de Urbanismo é o 607 35 58 41. As persoas que precisen realizar calquera trámite ou consulta neste departamento pode dirixirse directamente a este teléfono de luns a venres de 9 a 14 h.

Colocados en Tui dous contedores para a recollida solidaria de tapóns na praza de Abastos e no Punto Limpo

O Concello de Tui colabora coa Asociación TaporelMun, coa colocación de dous contedores para a recollida de tapóns de plásticos no exterior da Praza de Abastos, e no exterior do Punto Limpo. Deste xeito o Concello aposta non só pola reciclaxe destes produtos, senón que se suma a unha causa solidaria, xa que os cartos recadados con estes tapóns teñen un fin social.

O Concello de Tui condena as pintadas rexistradas no conxunto histórico nas últimas xornadas

O Concello de Tui condena as distintas pintadas rexistradas ao longo dos últimos días no conxunto histórico de Tui.   A rúa Sanz, tanto o...

Tui reflexiona sobre as posibilidades do territorio no futuro post-covid co gallo do Día Mundial do Turismo

Este domingo, 27 de setembro, celébrase o Día Mundial do Turismo. Este ano celébrase baixo o lema “O turismo e o desenvolvemento rural” que quere expresar a capacidade excepcional do turismo para crear oportunidades no ámbito non urbano e coma instrumento eficaz para a preservación do patrimonio cultural e natural.

A Banda de Música Popular de Tui lamenta que o Concello impídalles ensaiar no Conservatorio Municipal onde o facían dende hai 18 anos

A Banda de Música Popular de Tui vén de facer público un comunicado no que expresa o seu "malestar e descontento" co Goberno Municipal e co Conservatorio e Escola de Música Municipal de Tui, tras "a súa negativa constante nos últimos meses de ensaiar no Conservatorio Municipal, lugar onde levabamos 18 anos desenvolvendo a nosa actividade".

Tui contará con máis de 48.000 euros para axudas á rehabilitación para o casco histórico na Fase 14ª da ARI

O Concello de Tui recibirá 48.400 € da Xunta de Galicia correspondentes ao fondos de 2020 da Fase 14ª para a Área de Rehabilitación...

A Policía Local, en colaboración coa Garda Civil, interveu unha plantación de marihuana en Ribadelouro

A Policía Local de Tui, en colaboración coa Garda Civil, interveu unha plantación de marihuana en Ribadelouro, incautando 15 plantas. Tras as investigacións realizadas polos axentes da Policía Local nos últimos días o operativo, desenvolvido coa colaboración da Garda Civil, culminou na tarde de onte ao localizar plantas de marihuana no exterior dunha propiedade privada na parroquia tudense de Ribadelouro.

O grupo municipal do PP pide que se permita á Banda de Música Popular de Tui continuar os seus ensaios no Conservatorio

O grupo municipal do Partido Popular de Tui solicita que o goberno municipal tudense explique as razóns polas que se ten obrigado a Banda de Música Popular de Tui a deixar e utilizar as instalacións públicas do Conservatorio e Escola de Música do Concello para realizar os seus ensaios.