Xoves, 8 Maio de 2025

Tui

O Concello de Tui poderá construir un túnel de 500 metros sobre a vía do tren no centro urbano

O proxecto presentado polo Concello de Tui para cubrir un tramo da vía férrea no centro urbano é viable tecnicamente. Así llo vén de confirmar o ADIF ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.

Os participantes no Congreso Internacional de formación para o traballo Norte de Portugal Galicia visitarán o conxunto histórico de Tui

Este xoves pola tarde as persoas participantes no 22º Congreso Internacional de Formación para o traballo Norte de Portugal – Galicia realizarán unha visita cultural á cidade de Tui na que percorreran a Catedral de Tui, xunto a un paseo polo conxunto histórico tudense.

O Concello de Tui recibe a medalla de ouro ‘Praias sen fume’

O Concello de Tui recibiu a medalla de ouro de praias sen fume ao contar coa totalidade dos seus areeiros libres de tabaco.

A Eurocidade Tui-Valença convértese na capital europea da mobilidade autónoma coa presentación do proxecto 5G-MOBIX

A Eurocidade Tui-Valença converteuse hoxe na capital europea da mobilidade conectada coa presentación do proxecto 5G-Mobix.

Éxito de participación nas actividades da Xornada Europea da Cultura Xudía en Tui

O domingo 11 de setembro finalizou en Tui o amplo programa de actividades organizado polo Concello tudense para á celebración da Xornadas Europea da Cultura Xudía, con actividades entre o 1 e o 11 de setembro.

Presentado o Plan de Acción da Axenda Urbana a través da Radio Municipal de Tui

Para chegar a toda a cidadanía posible o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, presentou o Plan de Acción da Axenda Urbana de Tui nun especial radiofónico aberto ao público.

Case 8.500 persoas iniciaron en agosto o Camiño Portugués en Tui

Tui consolídase coma o segundo lugar de inicio do Camiño de Santiago, do mesmo xeito que o Camiño Portugués ocupa o segundo lugar nas rutas xacobeas elixidas polos peregrinos e peregrinas durante o mes de agosto. Os datos publicados pola Oficina do Peregrino da Catedral de Santiago sitúan á cidade de Tui como o segundo lugar escollido polos peregrinos e peregrinas xacobeos para iniciar o seu Camiño cara a tumba do apóstolo Santiago na cidade de Santiago.

A Oficina de Turismo de Tui atendeu case 11 mil visitantes no mes de agosto

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui atendeu durante o pasado mes de agosto a un total de 10.656 consultas doutros tantos turistas e peregrinos que se achegaron ata esta Oficina localizada no céntrico Paseo da Corredoira en busca de información para a súa estadía na nosa cidade.

A piscina municipal de Tui adianta o seu peche a mañá ante a previsión de choiva

A piscina municipal de Tui, que tiña previsto o seu peche este domingo día 11, adianta a data a mañá día 6 por motivo das previsións de choivas.

O paseo da corredoira acollerá unha alfombra de flores adicada ao Camiño Portugués

Invitados pola Concellería de Cultura que dirixe a concelleira Sonsoles Vicente, a Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas confeccionará unha alfombra floral no paseo da corredoira, diante da igrexa de San Francisco, e irá adicada ao Camiño Portugués que pasa pola cidade de Tui.

Tui acolle o Campionato de España de Radiocontrol Térmico

Esta fin de semana celébrase en augas do río Miño en Tui, a carón da rúa Olímpicos tudenses, o Campionato de España de Radiocontrol Térmico organizado pola Real Federación Galega de Motonáutica, en colaboración co Concello de Tui, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, a Real Federación Española de Motonáutica e a Comandancia Naval do Miño.

O Consorcio de Augas do Louro garante o subministro de auga potable con Eiras por debaixo do 40 %

O Consorcio de Augas do Louro integrado polos concellos do Porriño, Mos, Salceda e Tui, reuniu hoxe ao seu comité na ETAP dos Valos. Representantes de todas as entidades que conforman o ente –o presidente e alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo; a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; o concelleiro de Salceda, Rubén González (en substitución hoxe da alcaldesa Verónica Tourón) e a directora de Augas de Galicia, Teresa María Gutiérrez López–, comprobaron de primeira man a autonomía da rede de abastecemento en caso de alerta por seca.