Mércores, 7 Maio de 2025

Tui

A compañía Contraproduccións chega ao Teatro Municipal de Tui con Cigarreiras

Contraproduccións pecha este venres día 25 ,ás 21.30 h, no Teatro Municipal de Tui, a extensa programación de outono que se celebrou durante o pasado mes de outubro e este mes de novembro.

Tui, beneficiario dos novos recursos do Plan Concellos da Deputación

Luz verde a novos recursos da Deputación para concellos da provincia de Pontevedra. Neste caso, a Xunta de Goberno vén de dar luz verde a preto de 600.000 € de achegas do Plan Concellos para que Caldas, Pazos de Borbén e Tui recuperen espazos públicos, melloren a mobilidade peonil, acondicionen parques infantís e adquiran un camión para o servizo de recollida de lixo.

Gran Rastrillo Solidario en Tui

As ANPAS de Tui organizan, por terceiro ano, o Gran Rastrillo Solidario a favor de Asanog - Asociación de Ayuda a Niños Oncológicos de Galicia.

Os nenos alzaron hoxe a súa voz contra a violencia de xénero no pleno infantil en Tui

Sheila, Xoán, Elisa, Gabriel, Mara, Lorena, Carlos, Eva, Mara, Diego, David, Elena, Javier,.. foron parte dos nenos que esta mañá protagonizaron o primeiro pleno infantil celebrado no Concello de Tui coincidindo coa conmemoración este domingo, 20 de novembro, do Día Mundial dos Dereitos da Infancia.

O Concello de Tui renova as marquesiñas das paradas do transporte escolar en seis parroquias

O Concello de Tui vén de renovar as marquesiñas nas parroquias de Rebordáns, Pazos de Reis, Baldráns, Caldelas, Malvas e Paramos, utilizadas polo alumnado que emprega o servizo de transporte escolar para agardar aos autobuses que diariamente os levan aos seus centros educativos.

O Concello de Tui retoma o vindeiro martes 22 de novembro o Foro do Camiño Portugués

O Concello de Tui retoma o vindeiro martes, 22 de outubro, ás 19,30 horas no Edificio 'Francisco Sánchez' (antiga Área Panorámica) a celebración do «Foro do Camiño Portugués» coa presenza na nosa cidade do director da Área de Cultura Xacobea da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, Francisco Singul Lorenzo, que pronunciará unha conferencia titulada Puerto y Puerta del Camino Portugués: Tui en la construcción cultural de la peregrinación a Santiago.

O Teatro Principal de Tui acolle este sábado o acto cívico e social «Sobredo na memoria 100 anos despois»

O Instituto de Estudios Agrario Mártires de Sobredo (IEAMSo) organiza este Acto cívico e social «Sobredo na memoria 100 anos despois», evento que terá lugar o sábado 19 de novembro a partir das 19 horas no Teatro Principal de Tui e no que se proxectará o documental Os sucesos de Sobredo, video gañador do premio 'De Escola a Escola', TVE-Galicia 1991.

Máis de 130 veciñas e veciños de Tui participan esta temporada no programa «Cultiva a Mente»

Gran acollida novamente nesta temporada ao programa 'Cultiva a Mente' posto en marcha polo Concello de Tui coa colaboración de AFAGA, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Galicia.

Xa está convocado, un ano máis, o concurso escolar de Postais de Nadal de Tui

A Concellería de Ensino e Cultura do Concello de Tui convoca unha nova edición do concurso, dirixido ao alumnado de Primaria dos centros educativos do municipio, para a elección da postal de Nadal do Concello de Tui para este ano 2022.

Turismo de Porto e Norte de Portugal porá en marcha dúas accións formativas para promotores turísticos

Dentro do proxecto "Río Miño: Un Destino Navegable", a Entidade de Turismo de Porto e Norte de Portugal porá en marcha dúas accións formativas para promotores turísticos.

O Concello de Tui entregou un composteiro individual á Residencia Paz y Bien

O Concello de Tui continúa apostando pola compostaxe tanto individual coma comunitaria. Nesta liña de traballo a pasada semana fíxose entrega dun composteiro individual á residencia Paz y Bien, tras a solicitude realizada por este centro.

Rematadas as obras no pavillón deportivo municipal vello de Tui

A semana pasada remataron os traballos de mantemento do pavillón deportivo municipal vello de Tui. Con esta actuación, a Concellería de Deportes do Concello de Tui continúa co obxectivo marcado ao inicio deste mandato.