Cinco puntos á beira do río Miño e Louro ao seu paso polo termo municipal de Tui contan dende hai uns días con observatorios de aves e sinalización informativa colocada ao abeiro do proxecto Río Miño, Destino Navegable. En concreto os observatorios foron instalados na praia do Penedo en Caldelas, na praia de Areeiros en Guillarei, e na Veiga do Louro, mentres os puntos informativos sitúanse no Paseo Fluvial a carón do porto deportivo e xunto ao embarcadoiro en Paramos.
O Teatro Municipal de Tui acolle este mércores, 21 de decembro, ás 20 h o primeiro dos tres concertos previstos dentro da programación Tui, o Camiño do Nadal.
O Apalpador chegará hoxe luns, 19 de decembro, ás 19 h a Tui. Durante unha hora fará un percorrido polo centro urbano dende o Paseo da Corredoira interactuando co público e levando a música e as súas historias a pequenos e maiores.
A maxia do Nadal inunda as rúas de Tui, enchendo de cores, luces, casiñas de madeira, renos, réplicas da Catedral de Santa María ou da ponte internacional icónicos puntos da cidade.
Dentro da programación "Tui, o Camiño do Nadal" a Biblioteca Pública Municipal de Tui acollerá do luns 26 ao venres 30 de decembro un total de cinco obradoiros de Nadal para nenos e nenas de 5 a 12 anos.
O Concello de Tui, a través do departamento de Servizos Sociais, organiza un ano máis, en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro, un curso de dehabituación tabáquica, dirixido a persoas maiores de 18 anos.
Recoñecer a súa estreita vinculación á cidade, e o seu labor na Catedral, foron dous dos aspectos destacados esta fin de semana no acto e entrega da medalla de honra do concello de Tui na súa categoría de ouro, ao bispo da Diocese de Tui-Vigo, D. Luís Quinteiro Fiuza.
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui organiza por segundo ano consecutivo un Concerto Solidario a favor de SOS Tomiño Baixo Miño. No evento contan coa colaboración do Concello de Tui.
A Biblioteca Pública Municipal de Tui organiza até o venres 30 de decembro unha nova edición do mercadiño solidario de libros, en colaboración co departamento de Servizos Sociais do Concello.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.