Martes, 6 Maio de 2025

Tui

A camelia, protagonista da fin de semana en Tui

Mañá sábado, 18 de febreiro, ás 12.30 horas, será inaugurada no Claustro da Catedral de Tui a VIII Mostra da Camelia organizada por ATUCA, Amigos Tudenses da Camelia, coa colaboración do Concello de Tui entre outras entidades.

Máis de 900 persoas participarán en Tui no Concurso Desfile de Entroido

O Concello de Tui retoma con forza a súa programación de Entroido coa celebración da trixésimo cuarta edición do Concurso Desfile de Comparsas que terá lugar o próximo martes 21 de febreiro, xornada festiva local na cidade.

Tui conta con cinco novos axentes de Policía Local

A plantilla da Policía Local de Tui vén de ser reforzada coa incorporación de cinco axentes que veñen de completar a súa formación dun ano na Academia Galega de Seguridade.

Teatro Ghazafelhos volve este venres a Tui con ‘As pitas baixo a choiva’

Teatro Ghazafelhos visita de novo o Teatro Municipal de Tui este venres, 17 de febreiro, ás 19.30 h coa obra ‘As pitas baixo a choiva’, un espectáculo con guión e dirección de Pepablo Patinho baseado nun relato de Ricardo Carvalho Calero.

Case 200 estudantes asistiron hoxe á segunda proxección do programa “O cine nas aulas”

Un total de 198 alumnos e alumnas e docentes de 4º de ESO do IES San Paio, do Colexio Maristas Santa María e do Seminario Menor San Paio asistiron esta mañá á proxección da segunda película do programa “O Cine nas Aulas”, no Teatro Municipal de Tui.

Este mércores inaugúrase a exposición de debuxos e pinturas de Cali en Tui

Este mércores, 15 de febreiro, inaugúrase a exposición de debuxos e pinturas de Hixino Castillo “Cali” na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, no Edificio Francisco Sánchez – antiga Área Panorámica. Poderá visitarse até o 18 de marzo.

A Deputación alcanza un investimento histórico no Baixo Miño

“As administracións teñen a obriga de dar conta sobre o uso que dan aos recursos públicos”. Con esta premisa compareceu a presidenta da Deputación, Carmela Silva, nun almorzo informativo en Tui.

O Concello de Tui denuncia as pintadas vandálicas realizadas na rúa San Telmo

O Concello de Tui deplora as pintadas vandálicas realizadas nun tramo da rúa San Telmo, en pleno conxunto histórico de Tui, e que afectan a diversas vivendas e á igrexa de San Telmo.

A Eurocidade Tui e Valença acollerá quince probas deportivas este ano 2023

A Eurocidade Tui-Valença presentou o seu Calendario Deportivo da Eurocidade 2023 con máis dunha decena de probas deportivas de múltiples disciplinas que se celebrarán ao longo deste ano e grazas a colaboración dos dous municipios transfronteirizos.

A selección galega absoluta de remo está esta fin de semana concentrada en Tui

Esta fin de semana, a Federación Galega de Remo, en colaboración co Club Remo do Miño, organizará en Tui a concentración da selección galega de remo olímpico na categoría absoluta masculina e feminina.

Tui aposta polo amor coa campaña “Namórate de Tui”

O Concello de Tui lanzou a campaña “Namórate de Tui” para celebrar o Día de San Valentín, que será o próximo martes 14 de febreiro. Con esta iniciativa busca fomentar as compras no comercio local, así como o consumo nos restaurantes do municipio, aproveitando a próxima celebración desta data sinalada.

O Partido Popular de Tui anuncia a incorporación de Anabel Solla

O Partido Popular de Tui anunciou que Anabel Solla pasará a formar parte do equipo de traballo que Nico Montes está a conformar de cara ás eleccións municipais do 28 de maio. Anabel ocupa os cargos de Presidenta da Asociación de Mulleres en Igualdade de Tui (AMEI), da que tamén é socia fundadora, Secretaria da Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra.