Luns, 5 Maio de 2025

Tui

A primeira proba de Depo Orienta deste ano será no monte Aloia

200 persoas participarán este domingo, 16 de xullo, na primeira das rutas do programa “Depo Orienta” da Deputación de Pontevedra, que transcorrerá polo Monte Aloia de Tui con todas as prazas esgotadas.

Hoxe remata a primeira quenda do campamento de verán Igual É +

A primeira quenda do campamento de verán Igual É +, 2023 organizado polo Concello de Tui a través das concellerías de Deportes e Igualdade, remata hoxe venres día 14.

Chuny Vázquez presenta unha retrospectiva da súa obra pictórica en Tui

A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, no edificio Francisco Sánchez, acolle até o venres 28 deste mes a exposición “Un canto á cor e á vida” da guardesa Chuny Vázquez.

Arce ‘Perro Viejo’ actuará en Tui nas Festas de San Telmo

No marco dos eventos musicais das Festas de San Telmo, Tui tamén contará cunha programación especialmente dedicada ao público máis novo. Arce ‘Perro Viejo’, DJ Mesu e DJ Enter ofrecerán, o sábado 15 no Espazo Feiral de Tui, un concerto que mesturará os versos do rapeiro compostelán e as mesturas destes dous disc-jóckeys que amenizarán a festa até a entrada da madrugada.

O BNG asegura que o PSOE “non quixo un acordo de Goberno en Tui”

O BNG de Tui, a través dun comunicado de prensa, quixo aclarar á opinión pública que "despois dun proceso de negociación co PSOE lamentablemente no se alcanzou un acordo para un goberno de coalición". Aseguran os nacionalistas terse manifestado sempre "durante a campaña electoral, a mesma noite electoral e en entrevistas posteriores, a nosa disponibilidade para conformar un goberno progresista en Tui".

O Concello de Tui e AFAGA clausuran unha nova edición de ‘Cultiva a Mente’

A ribeira de Caldelas de Tui acolleu este mediodía a clausura dunha nova edición do programa ‘Cultiva a Mente’, iniciado en 2019 e impulsado polo Concello de Tui en colaboración AFAGA, a Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia).

O Consorcio de Augas do Louro entrega os premios do seu concurso de debuxo infantil

Sofía Campos Freiría do CEIP de Petelos en Mos, Uxía Lorenzo Alonso do CPR Hermanos Quiroga no Porriño, Arantxa Díaz Lazo do CEP Altamira en Salceda de Caselas e Eduardo Ríos González do Colegio Maristas Santa María en Tui, foron os catro gañadores do concurso de debuxo infantil convocado polo Consorcio de Augas do Louro.

O 25 Concurso de Patrullas da Brilat entre Tui e Santiago parte hoxe da Corredoira

Un total de 216 militares participarán na vixésimo quinta edición do Concurso de Patrullas da Brilat que partirá hoxe mércores ás 8.45 h dende o Paseo da Corredoira, en Tui. Nela, os e as militares de cada patrulla poñerán a proba a súa capacidade de sacrificio, a súa habilidade e a súa resiliencia.

Tui humanizará a rúa Augusto González Besada e a Corredoira con fondos da Deputación

O Concello de Tui humanizará a rúa Augusto González Besada e a Corredoira Sur, incluíndo a praza da Inmaculada. Deste xeito, reunificarase a rúa Augusto González Besada, a praza da Inmaculada e a Corredoira nunha plataforma única.

O grupo de Facebook “Camiño portugués. Tui” acada os 6.000 seguidores

O grupo “Camiño Portugués. Tui” na rede social Facebook, promovido polo Concello de Tui en xullo de 2020, acadou estes días a cifra de 6.000 seguidores.

Tui comeza o mes de xullo coa celebración do III Festival da Cultura Tradicional e Folk

A praza de San Fernando, o Paseo da Corredoira e o Teatro Municipal de Tui van ser este ano os escenarios do III Festival da Cultura Tradicional e Folk que organiza a Asociación Cultural San Telmo de Tui co patrocinio do Concello de Tui xunto a outras entidades.

A Entidade Local Menor de Pazos de Reis constituíu a súa nova corporación

Nun sinxelo acto de constitución, a nova corporación da Entidade Local Menor de Pazos de Reis quedou constituida este mediodía con Óscar Méndez coma novo presidente electo.