Domingo, 11 Maio de 2025

Tomiño

Tomiño investe 205.000 euros na mellora do campo de fútbol do Regatiño

O Concello de Tomiño levará a cabo obras de mellora no Campo de Fútbol O Regatiño, de Goián, por valor de 205.000 euros. O investimento foi aprobado no último pleno ordinario, celebrado o 23 de xullo, coma unha das partidas principais do Expediente de modificación de créditos Nº 05/20.

A Federación Galega de Motonáutica imparte en Tomiño un novo curso aberto para obter ou renovar a licencia de navegación

O vindeiro sábado, 1 de agosto, pola mañá, a Federación Galega de Motonáutica, impartirá coa colaboración da Concellería de Deportes de Tomiño, un novo curso para obter ou renovar a licencia de navegación. Carlos Estévez, vocal da federación, e Marcos Casaleiro, colaborador, mantiveron este mediodía unha reunión co concelleiro de Deportes, Fran Campo, para ultimar os detalles da acción formativa teórico-práctica.

Tomiño esixirá á Consellería de Sanidade que repoña o médico do consultorio de Goián

O Concello de Tomiño esixirá á Xunta de Galicia que, de xeito inmediato, repoña o servizo médico do consultorio de Goián, suspendido por mor da pandemia do coronavirus, sen que se repuxera despois do levantamento do Estado de Alarma.

O PSOE de Tomiño propón ‘a casa do Sacana’ para dar resposta ás futuras necesidades do consultorio de Goián

O xoves 23 de xullo, cun mes de retraso, celebrouse Pleno ordinario no Concello de Tomiño no que se aprobou a adhesión a rede Ágora impulsada pola Deputación de Pontevedra. As concelleiras socialistas puxeron enriba da mesa unha proposta para as futuras necesidades do Consultorio de Goián como é a ubicación do mesmo no inmoble recén adquirido coñecido como “a casa do Sacana”.

Tomiño visita a depuradora de Coristanco (A Coruña) para coñecer novas alternativas de baixo impacto ambiental

Catro concelleiros e concelleiras do equipo de goberno de Tomiño; entre eles, os de Servizos Públicos e Medio Ambiente, realizaron unha visita á depuradora de augas do municipio de Coristanco (provincia da Coruña), o día 17 de xullo pasado.

Tomiño creará unha Aula de Estudo, en previsión de posibles rebrotes de cara ao outono

O Concello de Tomiño investirá 50.000 euros para reconverter a Casa da Cultura municipal nunha Aula de estudo e acceso a internet, co fin de que os estudantes teñan un lugar axeitado e cómodo para estudar e acceder a medios telemáticos, en caso de posibles rebrotes do coronavirus ou novos confinamentos, de cara ao outono.

A película “Tódalas mulleres que coñezo”, de Xiana do Teixeiro, proxectarase hoxe e mañá en aberto

O Servizo Municipal de Igualdade do Concello de Tomiño, proxectará os días martes 21 de xullo, e mércores 22, a película “Tódalas mulleres que coñezo”, de Xiana do Teixeiro; un filme estreado en 2018, seleccionado e premiado en distintos festivais.

Cerveira e Tomiño convocan un centenar de artistas ao 8º Certame de Pintura Antonio Fernández

O Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández cruza o río Miño da man da Eurocidade Cerveira-Tomiño, por segunda vez. Este certame, que chega á súa oitava edición, celebrarase o domingo 16 de agosto de 2020, cunha novidade moi importante: ábrese a participación a menores de 18 anos, con dúas novas categorías: xuvenil (de 13 a 17 anos) e infantil (de 6 a 12 anos).

A Praza do Seixo concentra a actividade cultural do verán en Tomiño

O Concello de Tomiño, tras redeseñar a programación cultural de verán por mor do Coronavirus, arrancou a súa axenda o pasado día 3 de xullo co concerto do grupo “De Vacas”. As actividades continúan este venres, 17 de xullo, con cinema ao aire libre na praza do Seixo e a proxección de "El Parque Mágico", ás 22:30 h.

Tomiño estuda a súa superficie de faixas secundarias a incluir no Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais

Técnicos de Urbanismo e de Medio Rural do concello reuníronse o pasado 30 de Xuño con técnicos de SEAGA (Empresa pública de servizos agrarios galegos) para delimitar o alcance das faixas secundarias que aparecerán no Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais de Tomiño.

O mercado ambulante de Tomiño retoma a súa actividade co 100 % dos postos

O mercado ambulante retomará o vindeiro venres a súa actividade co 100% dos postos que o compoñen. Na Praza do Seixo continuarán estando os postos de alimentación e produtos agrícolas, mentres que os de roupa e outras seccións, se situarán na rúa Daniel Calzado, igual que antes da pandemia.

O Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño reuniuse cunha vintena de novos integrantes

O Consello da Infancia e Adolescencia Voces Novas, de Tomiño, celebrou onte a primeira reunión despois da pandemia do Coronavirus. A xuntanza, que tivo lugar ao aire libre, na zona do Lago da Pedra, foi tamén a primeira para os novos integrantes, unha vintena, a razón de catro por colexio de Primaria e outro tanto do IES Antón Alonso Ríos.