O Concello de Tomiño volverá organizar este ano, se a situación sanitaria o permite, o seu tradicional desfile de comparsas “Venres de Foliada”. Será o 25 de febreiro e as agrupacións interesadas en participar poden inscribirse a partir do luns 24 ata o 31 de xaneiro a través da sede electrónica do Concello.
Laura Calvo é a flamante gañadora do concurso “Que é para ti a OMIX de Tomiño”. O debuxo da alumna de 1º de Bacharelato do IES Antón Alonso Ríos alzouse co premio xunto unha frase que para ela define a Oficina Municipal de Información Xuvenil, un espazo que traballa na “procura do desenvolvemento da nosa xuventude”.
Un equipamento icónico de uso sociocultural que quere converterse nun referente para a cultura de toda a comarca e do veciño norte de Portugal, amais dun novo lugar de encontro da veciñanza.
O Concello de Tomiño quere dar os parabéns ao Club Deportivo Miño polo seu gran inicio de ano. Este domingo dez deportistas do club botáronse as augas do río Tea, ao seu paso por Mondariz Balneario, para participar na primeira das competicións da Liga Galega de Slálom e volveron a casa con sete ouros e dúas pratas.
O Partido Popular de Tomiño votou en contra dos orzamentos de 2022 porque son un ano máis “un mero documento de funcionamento para o concello, continuísta e que non recolle as necesidades que teñen as parroquias, que seguen abandonadas polo goberno local”.
O Concello de Tomiño, no pleno celebrado onte, mostrou o seu apoio aos municipios portugueses do Alto Minho no seu rexeitamento a posible mina de litio na Serra de Arga que o Goberno da República Portuguesa someteu a consulta pública o pasado setembro.
O Concello de Tomiño e o do Rosal, en colaboración coa Xunta de Galicia, organizan Agroemprega, un programa que formará a 100 persoas desempregadas en traballos relacionados co rural.
O Concello de Tomiño, dentro da súa programación de Nadal, ofrece mañá ás 11:30 horas unha obra de teatro para bebés no 1º andar do Mercado Municipal. “Zapatos” é o nome da espectáculo co que Caramuxo Teatro reflexiona sobre que pasa con todos eses zapatos que xa ninguén usa.
Este 26 de decembro faleceu na parroquia de Estás (Tomiño) aos 88 anos o mestre Manuel Garcés Estévez, que da nome a Centro Rural Agrupado deste concello. Manuel Garcés foi o nome escollido hai preto de vinte anos polos profesores do Centro Rural Agrupado para homenaxear a este profesor que se xubilou despois de adicar a súa vida ao ensino rural.
Máis de 400 persoas maiores de Tomiño recibirán por correo unha postal personalizada de Nadal e Aninovo, remitida por un dos alumnos ou alumnas dos coles de Primaria e do Instituto de Secundaria da vila.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.