Sábado, 20 Setembro de 2025

O Baixo Miño

O Rosal recibe o 7 de decembro a visita dunha unidade móbil de doazón de sangue

O Rosal remata o ano cunha nova visita este mes de decembro dunha das unidades móbiles da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que estará no concello o vindeiro mércores día 7 para todas aquelas persoas que desexen achegar a súa pinga de solidariedade.

A Deputación mellorará a seguridade viaria na EP-2502 en Tui

A Deputación de Pontevedra vén de confirmar unha axuda de 120.000 euros do Plan de Recuperación para as obras de mellora de seguridade viaria que está levando a cabo na actualidade na EP5202 Cerquido–Ribadelouro, no concello de Tui.

O Mercado de Nadal inunda de maxia o Paseo da Corredoira

A maxia do Nadal inundará a partir de hoxe luns, 5 de decembro, o Paseo da Corredoira de Tui. Até o 5 de xaneiro este céntrico emprazamento acollerá o Mercado de Nadal organizado polo Concello de Tui.

A Guarda acada o recoñecemento no Certame Vilas en Flor

O Concello da Guarda participou un ano mas no Certame Vilas en Flor celebrado o pasado venres día 2 de decembro nunha gala que tivo lugar no Auditorio Municipal de Caldas de Reis.

Tui festexou os éxitos dos seus deportistas na X Galega do Deporte

O deporte tudense está cheo de fazañas que escribiron con letras de ouro o nome da cidade en todo o mundo. Ano a ano, a listaxe de grandes deportistas que compiten baixo o nome de Tui non deixa de medrar, ao que se suma o gran nivel acadado por todos eles traendo de volta os máis prestixiosos premios e condecoracións.

Oia adquire unha parcela para ampliar e mellorar a Praza do Campo en Burgueira

O Concello de Oia vén de adquirir un terreo ao carón da Praza do Campo, na parroquia de Burgueira, co obxectivo de ampliar este espazo de uso público e dotalo de novos equipamentos a disposición da veciñanza.

Unidade Móbil de inspección técnica de ciclomotores na Guarda en xaneiro

A Unidade Móbil 9 de inspección técnica de CICLOMOTORES desprazarase ao Concello da Guarda.

Obradoiros de cociña de Nadal no mercado de Tui

O Mercado Municipal de Tui acollerá neste mes de decembro uns Obradoiros de Cociña de Nadal co obxectivo de pór en valor o produto local e convidar a coñecer novas elaboracións de cara a estas festas de Nadal.

Tomiño dá a benvida a un Nadal cheo de lecer

Tomiño prepárase para dar a benvida a un Nadal cheo de luz, cor e lecer para todos os públicos. Durante o vindeiro mes, o Concello pon en marcha unha programación "coa que buscamos que a veciñanza desfrute dunha época tan sinalada".

Tui acollerá o Campionato Galego de Seleccións comarcais de fútbol sala

Tui acollerá o próximo martes, 6 de decembro, o Campionato Galego de Seleccións comarcais de fútbol sala, organizado pola Real Federación Galega de Fútbol en colaboración co Concello de Tui e o club A Quinta de Tui Futsal.

Variedade e orixinalidade no Mercado de Nadal do Rosal

O Mercado de Nadal do Rosal prepárase para abrir as súas portas. Este 3 e 4 de decembro o tradicional mercadiño chega á sala de exposicións do Concello con 15 postos nos que a variedade e orixinalidade dos produtos serán a clave.

Tui celebrará a I San Silvestre Solidaria en favor de AECC

Tui despedirá o ano 2022 cunha proba deportiva, lúdica e sobre todo solidaria. O 31 de decembro, dende ás 10.30 da mañá celebrarase a I San Silvestre Solidaria con inscricións de balde e na que todo o recadado en doazóns irá destinado a apoiar o labor da Asociación Española contra o Cancro no Baixo Miño.