Domingo, 13 Xullo de 2025

O Baixo Miño

O anexo da Sala Municipal de Exposicións acolle as obras da sétima edición de ‘Pinta Tui’

O anexo da Sala Municipal de Exposicións do Edificio Francisco Sánchez acolle ata o 12 de febreiro a exposición das obras gañadoras e participantes na sétima edición do certame de pintura rápida ‘Pinta Tui’.

A mostra “Do Lérez ao Tambre” chega á Guarda da man de Nadia Otero

O vindeiro venres día 27 de Xaneiro ás 19:00h, Nadia Otero, artista de 24 anos nada en O Grove, inaugurará na sala de exposicións do Concello de A Guarda a súa mostra “Do Lérez ao Tambre”, onde se poderán ver catorce obras realizadas ao longo da súa vida artística.

A Guarda lanza unha enquisa online para coñecer as necesidades formativas to tecido empresarial local

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Desenvolvemento Local que dirixe Fátima Rodríguez, lanza unha enquisa para coñecer as necesidades formativa do tecido empresarial da vila, especialmente para o sector da hostalaría e comercio.

Educar con ciencia e conciencia, eixo da VIII Semana da Educación de Tomiño

Tomiño prepárase para volver ser referente no eido educativo coa posta en marcha da tradicional Semana da Educación, que este ano celebra a súa oitava edición con catro recoñecidos expertos e expertas que abordarán cuestións como a alimentación, os móbiles e os videoxogos, a educación ecosocial ou o tipo de docentes.

A Guarda pon en marcha o obradoiro “Decora o teu pobo”

As persoas maiores de 65 anos son un dos colectivos sociais que máis tempo de lecer teñen. A forma de vivilo é un aspecto moi importante para a súa saúde e unha oportunidade para poder facelo dun xeito que aporte autorrealización, vida activa, conexión con outras persoas, etc.

O albergue municipal da Guarda reabre as súas portas

O Concello da Guarda reabre o Albergue Municipal de Peregrinos despois do peche temporal no mes de decembro, coincidindo coas datas de maior redución do número de peregrinos.

O Rosal capta máis dun millón de euros de fondos europeos para a renovada Praza do Calvario

O Concello continúa dando grandes pasos na transformación do Rosal para convertelo nun municipio máis sostible, con máis servizos e no que as persoas sexan o centro.

Tomiño acolle unha gala de celebración das conexións culturais da lusofonía e Galicia

A Deputación de Pontevedra e o Igadi (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional) van celebrar este sábado 21 unha gala-espectáculo en Goián –Tomiño- para celebrar as conexións culturais da lusofonía e Galicia, facendo especial fincapé no territorio transfronteirizo do Miño.

Tui recoñece o labor de José Luís Méndez dándolle o seu nome ao Centro Municipal de Remo

O Centro Municipal de Remo, á beira do río Miño, denomínase José Luís Méndez. Tui recoñece así á histórica figura do principal impulsor do remo na cidade, que tamén foi fundador do Club Remo do Miño no ano 1974.

Máis de 93 mil peregrinos realizaron o Camiño Portugués en 2022

Máis de 93 mil persoas realizaron en 2022 o Camiño Portugués. Segundo os datos proporcionados pola Oficina do Peregrino da Catedral de Santiago 93.184 peregrinos e peregrinas recibiron a “Compostela” logo de realizar o Camiño Portugués.

O Concello do Rosal licita o servizo de axuda no fogar

O Rosal avanza co obxectivo de converterse nun municipio máis inclusivo e que vela polo benestar e o coidado de persoas en situación de dependencia.

Oia abre o luns o prazo de inscrición para unha nova edición do obradoiro de teatro

O Concello de Oia pon en marcha unha nova edición do obradoiro de teatro veciñal. Ao igual que aconteceu nas anteriores convocatorias, as sesións serán impartidas por A Artística Teatro & Danza os venres en horario de tarde.