Luns, 14 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Tomiño, escenario do documental ‘Acordamos’ da Deputación

A Deputación, a través do Departamento de Memoria Histórica, presentou hoxe o documental ‘Acordamos’: un canto dende a música á loita polos ideais de igualdade e xustiza de principios do século XX.

A Guarda vivirá un día histórico coa chegada de “O Gran Camiño” ao Trega

A Volta a Galicia foi unha carreira por etapas que se disputou polo territorio galego dende 1933 (ano da súa primeira edición) e que foise sucedendo durante os anos (aínda que non de xeito continuado) ata o 2000, sendo a partires de 2002 relegada a categoría amateur.

O Concello da Guarda pide aos veciños que depositen o lixo nos contedores de xeito correcto

O Concello da Guarda fai un chamamento a todos os guardeses e guardesas para que depositen dentro e correctamente o lixo nos distintos contedores que teñen a súa disposición, de forma que se garanta a eficiencia do sistema de recollida selectiva.

Máis de 1.700 persoas desfilarán hoxe no Venres de Foliada de Tomiño

Últimos detalles para que todo estea listo para a celebración en Tomiño do tradicional Venres de Foliada, que hoxe venres 17 de febreiro congregará a miles de persoas polas rúas do concello.

O Rosal reparará o camiño dende a estrada da Rotea ata o Alto de Parada

O Concello do Rosal continúa coa súa aposta estratéxica pola mellora dos camiños rurais, nos que se están a acometer diferentes intervencións para aumentar a seguridade viaria e o confort de usuarios e usuarias nas parroquias do municipio.

O Festival Taíña de Tomiño celebra o seu 20 aniversario

O Festival Taíña celebra este ano o seu 20 aniversario por todo o alto e coa promesa de converterse nunha cita imprescindible do entroido galego. Enmarcado no entroido goianés, este evento está organizado pola Asociación Cultural Taíña.

Máis de 900 persoas participarán en Tui no Concurso Desfile de Entroido

O Concello de Tui retoma con forza a súa programación de Entroido coa celebración da trixésimo cuarta edición do Concurso Desfile de Comparsas que terá lugar o próximo martes 21 de febreiro, xornada festiva local na cidade.

Conta atrás para o Entroido guardés 2023

Entre o 18 e o 21 de febreiro a Guarda acollerá os festexos de Entroido que foron pensados co espírito festivo que corresponde a estas datas e todo tipo de gustos e idades. A música, o humor e as propostas infantís serán os ingredientes principais destas datas.

Tomiño acolle a entrega dos III Premios Xardín Galego

Gran nivel de participación na terceira edición dos Premios Xardín Galego que cada ano conceden a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (AGAEXAR) e a Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam) para recoñecer e difundir actuacións exemplares en traballos de xardinería pública e privada, poñendo en valor o sector, promovendo a innovación e promocionar a xardinaría.

Tui conta con cinco novos axentes de Policía Local

A plantilla da Policía Local de Tui vén de ser reforzada coa incorporación de cinco axentes que veñen de completar a súa formación dun ano na Academia Galega de Seguridade.

Teatro Ghazafelhos volve este venres a Tui con ‘As pitas baixo a choiva’

Teatro Ghazafelhos visita de novo o Teatro Municipal de Tui este venres, 17 de febreiro, ás 19.30 h coa obra ‘As pitas baixo a choiva’, un espectáculo con guión e dirección de Pepablo Patinho baseado nun relato de Ricardo Carvalho Calero.

Case 200 estudantes asistiron hoxe á segunda proxección do programa “O cine nas aulas”

Un total de 198 alumnos e alumnas e docentes de 4º de ESO do IES San Paio, do Colexio Maristas Santa María e do Seminario Menor San Paio asistiron esta mañá á proxección da segunda película do programa “O Cine nas Aulas”, no Teatro Municipal de Tui.