Tomiño vén de conseguir unha subvención de 560.000 euros de fondos europeos para transformar a Casa dos Mestres e as escolas unitarias de Sobrada na Casa do Tempo, un lugar dixital, interactivo e inclusivo destinado á recollida e conservación de documentos gráficos e audiovisuais sobre os usos, costumes, patrimonio e tradicións desta parroquia.
Foi o impulsor da xeografía moderna en Galicia e a primeira persoa en elaborar un completo mapa do país, a súa Carta Xeográfica de Galicia. Foi Domingo Fontán, histórico matemático e cartógrafo galego, unha figura que agora se achega á mocidade rosaleira a través do Servizo de Patrimonio Documental de Bibliográfico da Deputación de Pontevedra.
Todo preparado en Tui para o inicio este sábado das Festas de San Telmo 2023. O polifacético actor, presentador e monologuista Carlos Blanco será o encargado da lectura do pregón o sábado, ás 12.45 h na praza da Inmaculada.
O Concello de Oia está a preparar as súas alegacións contra o parque eólico Torroña I, que se atopa actualmente na fase de información pública. Paralelamente, e ao igual que vén facendo con anteriores proxectos eólicos con afección no municipio, convoca unha xuntanza informativa coa veciñanza.
O vindeiro luns día 10 de abril de 2023 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de abril de 2023.
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes, recibiron na Casa dos Alonso na mañá do mércores día 5 de abril ao deportista guardés Álex Sierpes, ao seu irmá e á súa nai para dar os parabéns á súa gran traxectoria deportiva.
Un total de 229 peregrinos pasaron durante a fin de semana, entre o venres 31 de marzo e o domingo 2 de abril, pola Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui. Esta cifra supón un incremento do 12,5 % con respecto aos números do pasado ano.
A OMIX de Tomiño prepara para o vindeiro mes de maio un obradoiro de bailes de serán, un taller de catro horas de duración no que os mozos participantes "poderán coñecer os aspectos básicos do baile popular galego".
O Rosal volve encherse de deporte durante a Semana Santa. Máis de 240 nenos participarán esta semana no XI Torneo Infantil ORosalCup, unha nova edición deste xa tradicional evento deportivo organizado pola UD Ribera en colaboración co Concello, Deputación de Pontevedra, Real Federación Galega de Fútbol e Deporte Galego.
O Concello de Tui recibirá, do PIREP Local, 772.000 euros para a rehabilitación do Teatro Principal. Este é un dos 181 edificios públicos que recibirán fondos europeos de recuperación NextGenerationEU
O Concello da Guarda aposta durante todo o ano pola Promoción da Igualdade entre mulleres e homes en todas as esferas da vida e pola visibilización da muller ao longo da historia, por esa razón, se busca darlle continuidade ao programa “Semente de Igualdade”.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.