O mércores 17 de maio ás 19 horas, no auditorio de San Benito, celebrarase na Guarda o tradicional Festival de música e baile, no que as diferentes asociacións da Guarda renderán tributo ao autor homenaxeado este ano.
A tempada de curros galegos comeza esta fin de semana en Oia co da Valga (Loureza), que se celebra este domingo 14 de maio. A actividade comezará desde primeira hora da mañá e prolongarase ao longo da xornada, sendo o momento central da xornada (tarefas de rapa e marcado) arredor das 17:00 horas.
O Rosal prepárase para homenaxear á lingua no Día das Letras Galegas. O vindeiro mércores 17 de maio, a Praza do Calvario acollerá un amplo programa de actividades de balde durante a tarde co que conmemorar esta data, que este ano busca recuperar a memoria e render tributo ao escritor Francisco Fernández del Riego.
Infancia e mocidade de Tomiño contará este verán cunha amplísima oferta de campus, campamentos e cursos cos que desfrutar dunhas vacacións estivais cargadas de deporte e lecer.
Onte presentouse en Tui a IV edición do MUMI que celebrarase do 21 ao 24 de setembro. Na presentación participaron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González; o presidente e responsable de Cultura da Cámara Municipal de Valença, Jose Manuel Carpinteira; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil; a deputada de Cultura e Igualdade, Victoria Alonso; a concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente.
A Feira de Cultivos do Baixo Miño quenta motores para ofrecer ao público do 12 ao 14 de maio tres xornadas de pleno contacto co sector agro da comarca, pero tamén de concertos, conferencias, obradoiros e moito máis nun completo programa polo que pasarán moitas caras coñecidas.
O Concello da Guarda arranca no mes de xuño a segunda edición do ciclo “Sostendo o Futuro”, actividades coa finalidade de tomar conciencia en torno aos valores de sostebilidade e coidado da nosa contorna.
Subiuse a unha bicicleta por primeira vez pasada a pandemia, para seguir facendo deporte e despexarse tras o confinamento nun momento no que os ximnasios estaban pechados. Dende entón, Diego Álvarez Alonso non deixa de colleitar éxito tras éxito. O Concello organizou unha recepción ao ciclista afincado en Tomiño, un encontro no que felicitar ao deportista pola súa carreira curta pero meteórica.
Este xoves día 11 de maio, terá lugar no Restaurante Os Remos ás 20:00 h a barferencia Cal é a orixe da antiga muralla da Guarda? a cargo dos investigadores Rebeca Blanco-Rotea e Francisco Alonso Toucido, que recentemente tiveron ocasión de datala e estudiala.
Ao abeiro da estratexia para camiñar cara a unha economía baixa en carbono, eliminando de maneira progresiva o emprego de combustibles fósiles e reducindo as emisións, Tomiño vén de sacar a licitación a concesión para a instalación, xestión e mantemento de dous puntos de recarga de vehículos eléctricos.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.