Xoves, 10 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Conto en obras con Brais das Hortas este xoves 31 en Tomiño

Brais das Hortas chega cos seus monicreques e a súa retranca a Tomiño para ofrecer ao público unha posta en escena divertida e participativa.

O CEIP de Guillarei estreará este curso comedor escolar

O CEIP de Guillarei estreará no curso 2023/24 o servizo de comedor escolar tras as obras realizadas no centro cun investimento de 15 mil euros por parte do Concello de Tui con fondos propio.

A campaña “Galicia sabe aMar” ten unha parada hoxe en Oia

A campaña “Galicia sabe amar” chega a Oia hoxe mércores, 30 de agosto, coas súas propostas gastronómicas, que teñen o obxectivo de promocionar o produto galego da terra e do mar.

As festas do Alivio de Tomiño enchen de actividades culturais o final do verán

As festas da Virxe do Alivio de Tomiño arrancan este 4 de setembro e prolongaranse ata o día 9 cunha programación cultural dirixida a todos os públicos, con propostas de contacontos, circo, teatro e espectáculos musicais.

O Rosal organiza cursos para cultivar corpo e mente

No mes de setembro comezan diferentes cursos no concello do Rosal, dirixidos a público adulto e organizados por diferentes entidades do municipio.

O piragüista Manu Garrido representará a España no Campionato Mundial en Dinamarca

Manu Garrido, o coñecido deportista tudense que asombrou ao mundo do piragüismo ao lograr a medalla de ouro no Campionato Mundial de C1 Maratón 2022, atópase preparado para forxar un novo e emocionante capítulo na súa carreira deportiva.

A Guarda afianza a compostaxe doméstica

A Guarda, que no seu momento se uniu o Plan de Compostaxe Revitaliza da Deputación de Pontevedra, leva xa varios anos formando e promocionando a compostaxe entre os seus veciños.

Tomiño habilita unha nova zona para autocaravanas no Seixo

O Concello de Tomiño dá un novo paso no turismo de autocaravana e inicia as obras da nova área no Seixo, tralo éxito da de Goián. Esta nova zona de autocaravanas situarase no aparcadoiro fronte ao edificio da Policía Local e de Benestar Social, na Rocha.

O Concello de Tomiño fai unha reforma integral na Escola Unitaria de Carregal

O Concello de Tomiño pon a punto as escolas antes do comezo do curso escolar. Así, durante o verán, efectuáronse traballos de reforma e mellora nas escolas de Carregal, Taborda, Figueiró e Amorín, ademais do mantemento básico que se efectúa en todos os centros escolares en época estival.

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o 31 de agosto e 1 de setembro

Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (ao carón do centro cultural) o xoves 31 en horario de 16:30h a 21:00h e o venres 1 en horario de 10:15 a 14:30 h e de 16:30 a 21:00 horas.

O vindeiro 2 de setembro celébrase o XXV Trofeo do Rosal de balonmán

O XXV Trofeo do Rosal de balonmán celébrase o próximo 2 de setembro a ritmo de guateque. Dous eventos conxuntos, deportivo e festivo, que encherán O Rosal de deporte, entretemento e gastronomía nunha xornada de celebración.

A Cañiza e Tomiño contarán con iluminación sostible

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de dar conta da concesión de máis dun millón de euros procedentes de fondos europeos para financiar a renovación de instalacións de iluminación exterior sostible en dez concellos da provincia, que contan cun orzamento total de preto de 1,2 millóns de euros.