O Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández cruza o río Miño da man da Eurocidade Cerveira-Tomiño, por segunda vez. Este certame, que chega á súa oitava edición, celebrarase o domingo 16 de agosto de 2020, cunha novidade moi importante: ábrese a participación a menores de 18 anos, con dúas novas categorías: xuvenil (de 13 a 17 anos) e infantil (de 6 a 12 anos).
O Concello da Guarda informa dos prazos para a consulta pública na que se solicitará a opinión dos suxeitos e as organizacións mais representativas afectados pola futura norma, con carácter previo á aprobación do Regulamento do Rexistro Municipal de Asociacións do Concello da Guarda.
A librería Atlántica da Guarda acollerá, o vindeiro sábado 18 de xullo ás 12:30 horas, a presentación de 'Infelices' primeira novela do xornalista Javier Peña (A Coruña, 1979), un acto que ten para o autor “un especial significado” pola estreita vinculación que mantén coa Guarda.
O Concello de Tomiño, tras redeseñar a programación cultural de verán por mor do Coronavirus, arrancou a súa axenda o pasado día 3 de xullo co concerto do grupo “De Vacas”. As actividades continúan este venres, 17 de xullo, con cinema ao aire libre na praza do Seixo e a proxección de "El Parque Mágico", ás 22:30 h.
Técnicos de Urbanismo e de Medio Rural do concello reuníronse o pasado 30 de Xuño con técnicos de SEAGA (Empresa pública de servizos agrarios galegos) para delimitar o alcance das faixas secundarias que aparecerán no Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais de Tomiño.
O Grupo Filatélico e Numismático Val do Rosal colabora na XXVIII Feira do Viño cunha das súas tradicionais exposicións, unha mostra que nesta ocasión é totalmente virtual coa que se busca non perder o fío e manter a continuidade das actividades que o grupo realiza cada edición, tan representativas no mundo filatélico e vinícola.
O mercado ambulante retomará o vindeiro venres a súa actividade co 100% dos postos que o compoñen. Na Praza do Seixo continuarán estando os postos de alimentación e produtos agrícolas, mentres que os de roupa e outras seccións, se situarán na rúa Daniel Calzado, igual que antes da pandemia.
O vindeiro sábado día 18 de xullo o Auditorio de San Benito será o escenario da representación teatral de 'Lázaro de Tormes', unha actividade destinada principalmente para nenos e nenas e que terá lugar ás 20:00 h.
O Consello da Infancia e Adolescencia Voces Novas, de Tomiño, celebrou onte a primeira reunión despois da pandemia do Coronavirus. A xuntanza, que tivo lugar ao aire libre, na zona do Lago da Pedra, foi tamén a primeira para os novos integrantes, unha vintena, a razón de catro por colexio de Primaria e outro tanto do IES Antón Alonso Ríos.
“Volvemos á rúa!” é o lema da programación cultural que este verán se vai desenvolver en Tui. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, foron esta mañá os responsables da presentación desta oferta cultural que se vai desenvolver dende o mércores 15 de xullo.
A Feira do Viño estrea páxina web. Dende hoxe mesmo o público poderá informarse e desfrutar de todo o que acontece e acontecerá na XXVIII edición da feira a través de feiradoviño.gal, unha páxina que artellará toda a programación virtual e a propia tenda en liña na que se poderán mercar aos mellores prezos viños con D.O. Rías Baixas subzona O Rosal das adegas Aforado, Aldea de Abaixo, Altos de Torona, Lagar de Cervera, Pedregales, Quinta Couselo, Santiago Ruiz, Terras Gauda e Val Miñor.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.