Xoves, 10 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Unha viaxe teatral pola vida de María Casares inaugura a axenda cultural de outono do Concello de Tomiño

“Despois das ondas. Unha viaxe teatral pola vida de María Casares” abre o vindeiro sábado, tras o parón do Covid-19, a Axenda Cultural de Outono do Concello de Tomiño. Nesta peza, mesturando cinema en directo, teatro e música, percorreranse os lugares e momentos da vida de María Casares, actriz coruñesa de talla internacional considerada musa do existencialismo francés, na súa viaxe de retorno tras corenta anos de exilio.

Actividades para celebrar o día da biblioteca na Guarda

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda prepara diversas actividades no mes de outubro para celebrar o mes da Biblioteca, e o Día da Biblioteca o 24 de outubro. Todas as actividades precisan inscrición previa na Biblioteca Municipal ou chamando ao teléfono 649 327 525. Protocolo Covid-19. Bibliotecas seguras.

Este xoves preséntase en Tui o libro ‘Memorias dun pobo, Santiago de Malvas e as súas xentes (1159-2020)’ de Raimundo Martínez

Este xoves, 1 de outubro, ás 20 h terá lugar no edificio Francisco Sánchez (Área Panorámica) a presentación do libro, recentemente editado, de Raimundo Martínez dedicado a súa parroquia de Santiago Malvas. O acto forma parte do programa conmemorativo dos 50 da Biblioteca Municipal de Tui.

O Rosal reinventa as súas actividades anuais para adaptalas á nova realidade

O Rosal continúa a traballar para que a veciñanza teña unha ampla oferta de actividades deportivas e de lecer ao alcance da man. Neste sentido, ante a limitación que supón a crise sanitaria para realizar actividades en instalacións municipais, o Concello colaborará con diferentes asociacións que se farán cargo das actividades anuais de pilates, restauración, pintura e ioga.

O departamento de Urbanismo centraliza a atención ao público no teléfono 607 35 58 41

O Concello de Tui lembra que o teléfono de atención do departamento de Urbanismo é o 607 35 58 41. As persoas que precisen realizar calquera trámite ou consulta neste departamento pode dirixirse directamente a este teléfono de luns a venres de 9 a 14 h.

O Rosal investirá preto de 30.000 euros na desinfección dos centros públicos

O Concello do Rosal asumirá o custo das tarefas de desinfección dos centros educativos do municipio por responsabilidade co ensino público e coa saúde de todas e todos. Non obstante, a administración local é unicamente responsable da limpeza dos centros escolares pero non da súa desinfección.

Colocados en Tui dous contedores para a recollida solidaria de tapóns na praza de Abastos e no Punto Limpo

O Concello de Tui colabora coa Asociación TaporelMun, coa colocación de dous contedores para a recollida de tapóns de plásticos no exterior da Praza de Abastos, e no exterior do Punto Limpo. Deste xeito o Concello aposta non só pola reciclaxe destes produtos, senón que se suma a unha causa solidaria, xa que os cartos recadados con estes tapóns teñen un fin social.

‘La Icónica’ reuniu esta fin de semana a máis de 150 participantes que percorreron unha ruta dende Oia á Tui

A Icónica, unha proba que uniu Oia e Tui, viviu dúas grandes xornadas a pasada fin de semana. O primeiro percorrido, entre Oia e A Guarda que constaba de 15 quilómetros, celebrouse o sábado, mentres que o domingo as preto de 150 persoas participantes afrontaron un treito, máis esixente co dobre de quilómetros, entre A guarda e Tui.

A Cafetería-Restaurante da Estación Marítima da Guarda sae a licitación

Na sesión plenaria do pasado venres día 25 de setembro de 2020, aprobouse a proposta de alcaldía para os pregos de cláusulas técnicas e económico-administrativas da licitación da Cafetería-Restaurante da Estación Marítima da Pasaxe en Camposancos (A Guarda).

Milu Rodríguez e Eduardo García, do Club Trega de Tomiño, campións galegos do Campionato Máster ao aire libre

Fantástica fin de semana para os deportistas tomiñeses. Os atletas da Sociedade Atlética do Trega de Tomiño volveron ás pistas con grandes resultados despois de meses sen competicións pola situación sanitaria baixo as máis estritas medidas de seguridade. Foi o pasado sábado no XXXIII Campionato de Galicia Máster ao aire libre celebrado en Pontevedra, no que Milu García e Eduardo García se proclamaban campións galegos e conseguían un total de tres medallas de oro para o club tomiñés.

Tomiño aproba en pleno a súa conta xeral

O Concello de Tomiño celebrou este xoves 24 un pleno ordinario no que, entre outros asuntos, se aprobou a Conta Xeral do orzamento municipal de 2019. A Conta Xeral é un trámite administrativo que rebela a boa saúde económica do Concello e que permite tanto á corporación como á cidadanía coñecer as actuacións realizadas durante todo o exercicio orzamentario, permitindo controlar o uso dos fondos públicos a xestión económica, financeira, patrimonial e orzamentaria do municipio.

Horario de inverno na rede de museos e na oficina municipal de Turismo da Guarda

Dende o vindeiro xoves día 1 de outubro, entra en funcionamento o horario de inverno na rede de museos municipal e na oficina de turismo, co peche do Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz.