Domingo, 6 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Oia, unha das protagonistas da serie ‘Doc Way’

Oia é un dos concellos protagonistas da serie documental Doc Way, que inclúe un vídeo específico dedicado a dar a coñecer os principais atractivos patrimoniais e turísticos do concello. Paisaxes, miradoiros, rutas, natureza e patrimonio histórico aparecen ante o espectador a través de impresionantes planos aéreos, pero tamén desde o punto de vista do camiñante.

Luis López reitera “a colaboración absoluta e o compromiso máximo” da Xunta co Concello de Tomiño na súa visita institucional

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, reafirmou a “colaboración absoluta e o compromiso máximo” do goberno galego co Concello de Tomiño na súa visita institucional a este municipio, onde lembrou a aposta do executivo autonómico por este termo da bisbarra do Baixo Miño tras investir máis de 13 millóns de euros nos últimos catro anos.

Finalizan con éxito as actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller 2021 na Guarda

Nun ano marcado pola pandemia e polas restricións sanitarias desde o Concello da Guarda programáronse actividades adaptadas á situación actual para seguir reivindicando e loitando por unha igualdade real entre mulleres e homes en todas as esferas da vida (no ámbito persoal, familiar, laboral, de lecer...).

O Parque Urbano Fluvial Transfronteirizo de Valença-Tui xa está en estudo

Valença quere avanzar coa creación do Parque Urbano Fluvial Transfronteirizo Valença-Tui. O pro xecto foi anunciado, hoxe, pola Eurocidade Tui-Valença. Manuel Lopes, Presidente da CM Valença e Henrique Cabaleiro, alcalde de Tui o teñen claro, “Queremos unha ponte porque é unha necesidade, porque os cidadáns mudaron os hábitos e están a esixir mudanzas nos deseños das cidades. Hoxe, queren cidades máis humanizadas, con máis espazo dedicado ás persoas”.

Avanza no bo camiño o proxecto de reforma do núcleo urbano de Goián

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, estivo visitando esta semana as obras que se están realizando no núcleo urbano de Goián. Na visita estiveron presentes tamén varios concelleiros e encargados da empresa concesionaria, Xestión Ambiental de Contratas SL, que explicaron a situación na que se atopan actualmente en previsión de seren rematadas no mes de xuño.

Máis dunha vintena de persoas participaron na xornada de posta en valor do patrimonio cultural da Guarda

O pasado mércores día 10 de marzo o Concello da Guarda foi o escenario para a realización da Xornada para a co-creación de solucións para a posta en valor do patrimonio cultural da Guarda, evento organizado pola Universidade de Vigo.

O Concello de Tui ofrece 5 cursos para os sector do comercio e hostalería en liña e gratuítos

Até o 25 de marzo está aberto o prazo de inscricións para os curso de formación en liña para os sectores da hostalería e comercio que ofrece o concello de Tui en colaboración con informática San Benito. Son cursos 100 subvencionados polo SEPE, dirixidos a persoas traballadoras destes dous sectores, autónomos e persoas traballadoras de calquera sector que estean en ERTE. Ao remata da actividade formativa as persoas participantes recibirán un certificado oficial.

Premios ‘Cidade de Tui’, un recoñecemento ás persoas ou entidades que teñan realizado unha achega exemplar á vida local

A Xunta de Goberno Local do Concello de Tui acordou a creación dos Premios 'Cidade de Tui' para recoñecer anualmente aquelas persoas e entidades do noso concello que teñan realizado unha achega de caracter exemplar á vida local ou teñen contribuído coa súa traxectoria á promoción de Tui, asi como a súa convocatoria para este ano 2021.

O PSOE de Tomiño pide ao Goberno compromiso coa Biblioteca e que deixe de utilizala como promesa electoral dende hai 14 anos

O luns 8 de marzo, Día Internacional da Muller, Tomiño celebrou sesión de plenaria ordinaria na que, entre os puntos da Orde do Día, figuraba o expediente de modificación de créditos para o derrubo do edificio onde se construirá a demandada, esperada e futura biblioteca pública municipal.

A corporación de Tomiño aproba por unanimidade unha declaración consensuada sobre o 8M

O Pleno do Concello de Tomiño, reunido o luns en sesión ordinaria, aprobou por unanimidade unha declaración institucional do 8M, logo de que esta fora consensuada entre os tres grupos políticos que conforman a corporación municipal. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González (BNG), agradeceu a actitude da oposición, que aínda que levaba as súas propias declaracións, decidiu apoiar a do grupo de goberno, logo de debatela e consensuala entre todos os concelleiros e concelleiras.

O Concello de Tui está a realizar labores de mantemento e conservación no Paseo Fluvial

O Concello de Tui está a executar estes días labores de mantemento e conservación no Paseo Fluvial e nas súas proximidades. Por unha banda estanse a revisar, reparar e conservar os elementos dos dous parques infantís situados no Paseo, un nas proximidades das escaleiras de subida á praza da Estrela, e outro no Penedo.

Este xoves chega a Tui Baobab Teatro con “O lobo e a lúa” e o venres a proxección da película “A illa das mentiras”

Con dobre proposta, teatro familiar e cine, continúa esta semana a programación cultural no Teatro Municipal de Tui. Este xoves, 11 de marzo, ás 18:30 h Baobab Teatro presenta “O lobo e a lúa”, unha obra dirixida a público familiar de Óscar Ferreira e Andrea Bayer e interpretada por Xosé Manuel Esperante e Cora Sayers.