Xoves, 10 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Este mes comezarán as obras de construción dunha rotonda no acceso á A55 en Guillarei

Este mes darán comezo as obras de construción dunha rotonda en Guillarei na intersección entre a N-550 e o ramal que da acceso á A-55, a altura do Hotel Alfonso I. Suporá un investimento de 357.858.43€ financiado ao abeiro do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.

As Eiras triplica a súa implicación coa compostaxe individual

Grande acollida por parte da veciñanza dos composteiros individuais (COINs) repartidos polo Concello do Rosal. Trátase dunha acción posta en marcha como parte da estratexia municipal para potenciar a compostaxe individual nas vivendas da localidade e que forma parte dun programa de prevención, recollida separada e valorización dos biorresiduos.

Aberto o prazo de inscrición para o campamento de verán ‘Igual é +’ Tui 2021

O Concello de Tui, a través das concellerías de Igualdade e Deportes, realizará durante o mes de xullo o Campamento de Verán Igual é + Tui 2021. Este campamento vai destinado aos nenos e nenas e mozos e mozas de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas antes do inicio de cada quenda).

Aberto o prazo para inscribirse no campamento musical “IMAXINA” de Tomiño

En colaboración coa Agrupación Musical de Goián, o Concello de Tomiño organiza "IMAXINA. Campamento Musical 2021", destinado a nenas e nenos de 3 a 12 anos. A actividade, que consistirá nunha aprendizaxe musical lúdica e en convivencia, celebrarase en Goián na segunda quincena do mes de agosto.

As obras no albergue municipal da Guarda avanzan a bo ritmo

Na xornada do venres día 4 de xuño o alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Cultura e Patrimonio, Montserrat Magallanes e o concelleiro de Turismo, Rafa Álvarez, trasladáronse ata o Albergue Municipal para supervisar as obras que se están a acometer neste espazo coa reforma e ampliación dos baños.

Obradoiro de relacións afectivo-sexuais para a mocidade de Tomiño

Tomiño organiza a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), o obradoiro "Así si: relacións afectivo-sexuais sans", dirixido á mocidade adulta e á adolescencia.

Nova oportunidade para asistir ás visitas guiadas de arte urbana e historia de Oia

Tras o éxito da primeira xornada de rutas turísticas de arte urbana e historia, o domingo 20 de xuño haberá unha nova oportunidade para participar nestas visitas guiadas, as cales se desenvolverán en horario de mañá e de tarde.

A Guarda pon a punto praias e sendeiros de cara á inminente tempada estival

O Concello da Guarda prepárase para a tempada estival coa posta a punto, limpeza e acondicionamento de diferentes espazos públicos do municipio coma as principais praias marítimas e fluviais, así coma os diferentes sendeiros e camiños de titularidade municipal de máis tránsito no verán.

Comeza a execución das diferentes terrazas que conformarán o ecoparque Campo Novo no Rosal

As obras de creación do ecoparque Campo Novo, en viso dos Eidos, continúan o seu bo curso. A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e a arquitecta responsable do proxecto, María Fandiño, visitaron estes días os traballos deste proxecto que suporá a transformación da zona nun espazo de convivencia para toda a veciñanza.

O Concello da Guarda realiza melloras en diversos camiños do rural

Dende a Concellería de Vías e Obras do Concello da Guarda estase a levar a cabo diversas obras de mellora do firme en distintos camiños de barrios do rural guardés.

Aberto o prazo para solicitar as axudas para actividades económicas na Guarda

O obxecto destas axudas é paliar o impacto económico que sufriron aquelas empresas ou autónomos que tiveron que cesar a súa actividade como consecuencia da ORDE de 26 de xaneiro de 2021

O PSOE de Tomiño reprocha ao Goberno local a falta de investimentos no comercio local e a hostalaría

O PSdeG-PSOE de Tomiño denunciou na última sesión plenaria da corporación, que na súa orde do día contaba cunha modificación de crédito de prego dun millón de euros, "a falta de investimentos no comercio local e a hostalaría". Segundo a portavoz socialistas, Violeta de Santiago "debemos ser o único Concello da contorna que non inxectou nin un só euro no comercio local, un dos sectores, xunto a hostalaría, máis afectado por esta pandemia".