O concello de Tui retoma este ano a convocatoria das bolsas para deportistas locais que teñen participado neste 2021 en competicións federadas internacionais coa convocatoria das Becas a Deportistas Tudenses 2021.
O Pavillón Deportivo Municipal “Gustavo Rodríguez” de Tui acolle este domingo o VII Trofeo Eurocidade Tui-Valença de Baile Deportivo. A competición está organizada polo Club de Baile Deportivo Pasos-Bailegalicia coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença.
O Concello da Guarda deseñou unha programación que encherá mañá e tarde do sábado 30 de outubro e que foi pensada para divertir aos mais pequenos da casa que son os que cada ano con mais ansia esperan esta data e tamén para animar as rúas da vila na tardiña da man dun flashmob (baile conxunto na Praza do Reló) e unha batucada que percorrerá as rúas da vila como broche final.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, vai renovar as envolventes dos colexios públicos Pedro Caselles e Pintor Antonio Fernández e a iluminación do CEIP Sobrada, no Concello de Tomiño, cun investimento de 513.000 euros.
A Veciñanza Conta e está moi implicada no Rosal. Así o constatou o equipo de goberno do Concello despois das dez xuntanzas que ao longo de setembro e outubro mantiveron con case 250 rosaleiros e rosaleiras de todos os barrios.
As súas Maxestades entregarán o Premio Escola do Ano 2020 da FPdGi (Fundación Princesa de Xirona) ao CRA Mestra Clara Torres de Tui, recoñecido por ser un exemplo de dinamización en contornas rurais con seis aulas disgregadas en distintas parroquias do municipio.
A Deputación de Pontevedra axiliza as obras de mellora da seguridade viaria e a mobilidade peonil na EP3001 en Rebordáns, no Concello de Tui, e vén de licitar estes traballos por un orzamento de 114.462€ (sen IVE).
A música encherá este venres o Teatro Municipal de Tui co concerto “O soño dos golfiños” da man de Golfiños. O grupo está formado por Elena Paz Alonso, voz; Jesús Moares Lameiro, teclado; e Javier Ricardo Álvarez Fernández, guitarra.
A Deputación de Pontevedra, a través do seu departamento de Lingua e en colaboración coa Asociación Oral de Galicia, vén de impulsar un novo Certame provincial de Regueifa que conta coa participación de 41 centros de Ensino Secundario da provincia.
Aproveitando a inauguración do mural adicado á memoria histórica das mulleres do Rosal, a alcaldesa, Ánxela Fernández, reuníuse coa presidenta da Deputación, Carmela Silva, para expoñerlle os proxectos prioritarios para o Concello e o municipio.
No salón de sesións da casa do concello de Tui tivo lugar onte a sinatura dun convenio entre o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño Sil, CHMS, José Antonio Quiroga, para a execución, entrega, mantemento e conservación das obras do proxecto de construción dunha pasarela peonil na desembocadura do río Louro.
O Concello do Rosal deu hoxe un paso máis no seu camiño de transformación da man da Deputación de Pontevedra, que inclúe non só novas obras en infraestruturas e equipamentos, senón tamén a recuperación de espazos públicos para reivindicar a memoria histórica de mulleres referentes no municipio. A presidenta da Deputación, Carmela Silva e a alcaldesa, Ánxela Fernández, inauguraron esta tarde o segundo mural do proxecto 'Revolucionando Mentes'
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.