Venres, 19 Setembro de 2025

O Baixo Miño

Tui celebra o Día da Biblioteca coa renovación da súa web, club de lecturas e unha exposición de fotografías antigas

“Bibliotecas: ler, aprender, descubrir” é o lema co que este ano se celebra do “Día da Biblioteca” que tivo lugar o 24 de outubro. Céntrase en destacar o papel das bibliotecas como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e ao coñecemento.

O Rosal ofrece este venres unha charla sobre comunicación familiar con adolescentes

O programa “Educando en Familia” do Rosal, un espazo para que pais e nais poidan atopar resposta a moitas das inquedanzas que se dan no día a día, así como ferramentas para poder afrontalas, continúa en marcha.

Tomiño ofrece unha serie de cursos destinados á mocidade

A Concellería de Mocidade do Concello de Tomiño organiza novas actividades e cursos para a tempada de outono-inverno, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).

A Deputación mellora o camiño da EP-3102 hacia o CEP Pedro Caselles de Tomiño

O Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o proxecto para abordar a mellora da mobilidade peonil no Camiño Escolar na EP-3102 ao CEP Pedro Caselles, no concello de Tomiño.

A Guarda oferta en novembro dous obradoiros gratuítos para comercio e hostalería

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Desenvolvemento Local, oferta no mes de novembro dous obradoiros de xeito gratuíto dirixidos a comercio e hostalería.

A Feira da Cabaza chega na última de semana de outubro ao centro urbano de Tui

A I Feira da Cabaza, que dende comezos deste mes de outubro se está a celebrar nas parroquias de Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe e Rebordáns, chega na derradeira fin de semana do mes ao centro urbano de Tui.

A cabaza, protagonista nos catro showcookings de Eurochef en Tui

O proxecto Eurochef desembarca este mes de outubro a Tui por todo o alto. Os vindeiros 30 e 31 de outubro o Paseo da Corredoira acollerá catro showcookings abertos ao público xeral con cinco chefs de altura nunha actividade organizada por Eurural e o resto dos grupos de desenvolvemento rural integrantes do proxecto Eurochef en colaboración co Concello de Tui.

A mocidade tomiñesa aposta polo medio ambiente

O Consello da Infancia e Adolescencia Voces Novas de Tomiño, participa esta fin de semana no encontro galego que celebran anualmente as 10 Cidades Amigas da Infancia recoñecidas por Unicef en Galicia.

O alcalde da Guarda defende a súa honorabilidade e a transparencia e imparcialidade do concello

O pasado venres a asociación Trans Miño improvisou unha manifestación sen autorización na praza do Reló cunha pancarta que acusaba ao alcalde de homófobo, poñendo na súa boca palabras que nunca dixo.

Tomiño comparte con 10 países europeos a súa experiencia de cooperación con Cerveira

Goián acolleu a segunda xornada do Encontro Internacional do Proxecto Bridge no que participa Tomiño canda outros 10 socios europeos, co obxecto de crear redes de cooperación en materia transfronteiriza e intercambiar boas prácticas.

O Rosal presenta a súa axenda de outuno con propostas para todos os públicos

O que queda de outubro e o mes de novembro veñen cargados de cultura no Rosal. O Concello presentou a súa axenda de outono con máis de dez propostas para todos os públicos.

A III Carreira de Orientación da Eurocidade contará con máis de 260 participantes

Este domingo, 24 de outubro, terá lugar a III Carreira de Orientación da Eurocidade, organizada por Xesta Natureza, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e subvencionado polo programa Interreg.