Domingo, 6 Xullo de 2025

O Baixo Miño

O Rosal súmase á declaración institucional da FEMP condenando a agresión a Ucraína

O Concello do Rosal aprobou por unanimidade este xoves en pleno sumarse á declaración institucional da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) coa que se condena de forma enérxica e rotunda os ataques perpetrados en diversas cidades ucraínas, así como o despregamento militar desencadeado polo goberno ruso e as súas consecuencias.

O Club Bádminton Tui volve á competición

O Club Bádminton Tui volve esta fin de semana á competición, logo de estar o mes de marzo con escasos compromisos oficiais.

O Concello da Guarda organiza o Obradoiro de Canto “Con Voz Propia”

O Concello da Guarda, organiza no mes de abril o Obradoiro de Canto “con Voz Propia”. Esta actividade, que será impartida por Cristal Méndez de Maga de Voz, realizarase todos os xoves en horario de 10:00h a 12:30h dende o 21 de abril ata o 23 de xuño, cun total de 25h.

Casa do Concello e Escola Unitaria de Pancenteo súmanse ás enerxías renovables

O Rosal continúa dando pasos en firme para converterse nun municipio cada día máis sostible. O Concello sacará a licitación en breve a subministración e instalación de dúas caldeiras de biomasa para a produción de calefacción mediante combustible de pellet de madeira na Casa do Concello e na Escola Unitaria de Pancenteo.

O Rosal revive o universo de Vicente Risco con ‘O porco de pé’

O triunfo dos cartos, o ascenso do autoritarismo e a perda de valores na sociedade podería ser o resumo de ‘O porco de pé’, a novela de Vicente Risco que a compañía Producións Teatrais Excéntricas estrea esta mesma semana e que chegará ao Rosal o vindeiro domingo 3 de abril.

Abril será o mes do libro no Rosal

Abril será o mes do libro no Rosal. O Concello ten xa preparada unha programación especial coa que convidar a toda a veciñanza a conmemorar o Día do Libro e a gozar da literatura, da cultura e do lecer para toda a familia.

Mañá abre o prazo de solicitude de axudas á rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da ARI do conxunto histórico de Tui

Mañá xoves, 31 de marzo, abre o prazo de solicitude de axudas á rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da ARI, Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui, correspondentes á fase 14ª.

Arranca o plan de formación impulsado por Orpagu e o Concello da Guarda

Na xornada deste mércores día 30 de marzo de 2022 o alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a concelleira de Formación, Fátima Rodríguez, deron a benvida na sede de Orpagu xunto coa súa xerente, Juana Parada e profesorado, ao primeiro grupo de alumnos que participarán na formación dun plan que refrenda o compromiso da Organización de Palangreros Guardeses coa súa localidade.

“LIXO” da compañía “O baúl da tía tola”, proposta lúdico cultural para este domingo en Tomiño

“Lixo”, un orixinal espectáculo teatral e de danza para público infantil e familiar, chega o domingo 3 de abril a Tomiño, dentro do ciclo Primavera Activa.

O Consello Climático organiza unha Xincana na Guarda o 9 de abril

A proba consiste na realización dun percorrido polo centro urbano de A Guarda con diferentes paradas para realizar retos e probas cos que os participantes obterán unha puntuación e unha pista para unha proba final.

Dezasete persoas incorpóranse coma traballadores ao Concello de Tui ao abeiro do Plan Concellos

Hoxe incorporáronse á plantilla do Concello de Tui 17 persoas contratadas a xornada completa, durante 6 meses, a través da liña 3 do Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra.

A Guarda amplía ata este venres o prazo de inscricións para a Escape Room de Igualdade

As actividades programadas polo Día Internacional da Muller estenderanse ao mes de abril de 2022, deste xeito o sábado día 2 de abril ás 17:00h, terá lugar o ESCAPE ROOM de Igualdade, polas rúas da Guarda, dirixido a público familiar.