Xoves, 18 Setembro de 2025

O Baixo Miño

Catro estreas na XII Semana do Teatro Amador, un clásico nas festas de San Telmo

Os grupos de teatro San Fins de Rebordáns, Aloia de Pazos de Reis, Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui, e Chirlomirlo de Randufe serán este ano os protagonistas da XII Semana do Teatro Amador que se vai celebrar do martes 19 ao venres 22 de abril no Teatro Municipal de Tui.

A unidade móbil de “Coidados porta a porta” estará en Oia do 25 ao 28 de abril

A unidade móbil do programa “Coidados porta a porta” que a Xunta de Galicia vén de poñer en marcha visitará Oia este mes de abril, ofrecendo consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación de memoria. O vehículo situarase na explanada do campo de fútbol de Oia os días 25, 26, 27 e 28 deste mes.

Toda a información sobre a tarifa eléctrica e a factura da luz, nunha charla no Rosal o 19 de abril

Tras a gran subida do prezo da luz e da enerxía, o Concello decidiu achegar á veciñanza información da man dunha persoa especialista “sobre un tema que tanto preocupa a todos os rosaleiros e rosaleiras nun momento no que estar informado é de vital importancia”, como explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

A Guarda organiza os Obradoiros Balcóns Verdes enmarcados no ciclo medioambiental sostendo o futuro

Dentro do Ciclo medioambiental Sostendo o futuro, a OMIX da Guarda, en colaboración con Medio ambiente, oferta tres obradoiros diferentes baixo o título Balcóns verdes.

Música, danza e teatro con ‘Lara Hierro’ esta fin de semana no Rosal

Esta fin de semana O Rosal ten unha cita coa música, a danza e o teatro. Será o vindeiro domingo 17 de abril coa representación no auditorio municipal de ‘Lara Hierro’, un espectáculo multidisciplinar da compañía Constance Hurlé.

Máis de 200 nenos participan no X Torneo de Fútbol Infantil OROSALCUP

Semana Santa enche de deporte O Rosal. Máis de 200 nenos participarán esta semana na décima edición do Torneo de Fútbol Infantil OROSALCUP, un evento deportivo organizado polo UD. Ribera en colaboración con Concello.

A visita aos Monumentos e as procesións dos Pasos e do Santo Enterro actos centrais da Semana Santa en Tui

Relixiosidade, tradición e patrimonio van da man esta Semana Santa en Tui coa recuperación dos actos procesionais e da Visita aos Monumentos que marcan o programa destes días baixo a organización da Irmandade do Doce Nome de Xesús e Santa Casa da Misericordia, a Catedral e o Concello de Tui.

Tomiño vén de publicar as bases do “Circuíto Cultural 2022”

O Concello de Tomiño vén de publicar as bases do "Circuíto Cultural" 2021 co obxectivo de promocionar un ano máis as agrupacións musicais tradicionais do municipio.

Esta Semana Santa, ‘Ponlles nome’

O Rosal viaxa ao pasado esta Semana Santa. O Centro Cultural das Eiras acolle os días 15, 16 e 17 de abril a exposición de fotografías antigas ‘Ponlles nome’, unha mostra organizada pola asociación Ghorghalado Cultura e Patrimonio en colaboración co Concello do Rosal que permitirá aos veciños e veciñas coñecer como era o municipio hai décadas.

Tui reforza a súa aposta pola mobilidade peonil e ciclista da man da Deputación

O Plan Concellos da Deputación de Pontevedra está a implantar en Tui un modelo de mobilidade amable e sostible con obras como o acondicionamento da ruta peonil e da vía ciclable na rúa Loureiro ou a mellora no acceso á praia de Areeiros, que tiveron un orzamento total de 345.788 euros.

Este sábado 16, nova cita co sabor no Mercado de Tomiño

A actividade continúa esta Semana Santa en Tomiño con novas accións programadas ao abeiro de ‘Vive!’, unha campaña posta en marcha polo Concello para a reactivación económica e a dinamización do comercio local e que está a ter unha grande acollida por parte do público durante as súas primeiras semanas de vida.

O Obradoiro de emprego da Guarda presenta varios proxectos que xiran en torno ao patrimonio da vila

En primeiro lugar presentáronse os resultados dunha enquisa realizada a pé de rúa, onde a poboación opinou sobre aspectos relacionados co turismo guardés como poden ser o patrimonio, os servizos e as infraestruturas.