Mércores, 2 Xullo de 2025

O Baixo Miño

A soprano Esperanza Mara actuará o 15 de xullo na Igrexa de San Vicente de Barrantes, en Tomiño

O vindeiro venres 15 de xullo terá lugar ás 21h a actuación da soprano Esperanza Mara na Igrexa románica de San Vicente de Barrantes (Tomiño).

A veciñanza de Tomiño coñece as claves da nova lei de residuos

Negocios e veciñanza de Tomiño coñecen algo mellor dende hoxe as claves a ter en conta coa nova lei de residuos que dende o pasado 30 de xuño obriga a todos os negocios e hostalería a separar o seu lixo orgánico de maneira obrigatoria e sen excepcións.

Danza e humor danse a man no espectáculo “SOFÁ”, este xoves no Auditorio de San Benito

A bailarina Marta Alonso e o cómico Pablo Reboleiro únense nesta novidosa comedia que nos fala da rutina diaria, a través das artes do corpo e movemento e que chega na xornada deste xoves día 14 de xullo ás 20:30h ao Auditorio de San Benito.

Tomiño acolle unha charla informativa sobre a nova lei de residuos

O Concello de Tomiño acolle mañá mércores ás 11 da mañá no Mercado municipal unha charla informativa sobre a nova lei de residuos que, segundo anunciou o vicepresidente César Mosquera, supón “unha auténtica e verdadeira revolución” na organización, xestión e tratamento dos residuos”.

O Concello da Guarda aposta novamente pola cultura mariñeira

A Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro da Guarda presentou o Volanteiro Piueiro en 2019, esta embarcación de gran envergadura que navegou a vela pola nosa costa ata comezos do s. XX.

O Concello da Guarda saca a licitación o subministro do equipamento para as dependencias da Policía Local

O Concello da Guarda saca a licitación pública o contrato para o subministro do equipamento para as dependencias da Policía Local e outros departamentos.

Máis de 2.800 persoas pasaron en xuño pola Oficina de Turismo de Tui

Máis de 2.800 persoas solicitaron información durante o mes de xuño na Oficina Municipal de Turismo, situada no Paseo da Corredoira. Das 2.873 persoas que se achegaron até este punto de información 1.176 eran peregrinos e 1.697 turistas.

Cita co xadrez no Rosal o vindeiro 24 de xullo

O Concello colabora co Clube Xadrez Albatros da Guarda na organización o vindeiro domingo 24 de do III Torneo de Xadrez Concello do Rosal, unha cita indispensable para todas e todos os apaixonados deste deporte.

Continúa en Tomiño a formación en prevención de riscos laborais no ámbito forestal da Xunta

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), arranca hoxe en Tomiño unha nova edición do curso para a prevención de riscos laborais no manexo seguro da motoserra e rozadoira.

O alcalde de Tui presenta ao presidente da Cámara de Valença os obxectivos da Axenda Urbana

“Pensar e planificar Valença e Tui dun xeito conxunto para un futuro sostible no que poidamos compartir e sacarlle o máximo proveito á nosa estreita e histórica relación”, así resumía o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o encontro mantido co presidente da Cámara de Valença, José Manuel Vaz Carpinteira, para presentarlle os obxectivos da Axenda Urbana de Tui.

O concello da Guarda chama á cidadanía a facer un uso responsable dos recursos hídricos

A auga é un recurso moi valioso que non é ilimitado. Os episodios de seca son cada vez máis frecuentes e por iso, dende o Concello da Guarda, queremos apelar á cidadanía a facer un consumo responsable dos recursos hídricos.

As piscinas municipais de Tui serán completamente renovadas ao remate da temporada estival

O Concello de Tui, dentro do programa de rehabilitación e mellora da totalidade dos equipamentos públicos, vai acometer ao remate da temporada estival obras de reforma e acondicionamento nas piscinas municipais.