O Acanor Valinox e o Concello do Rosal fan posible unha nova edición do Trofeo Balonmán Concello do Rosal, unha competición transfronteiriza que dende xa é un referente no calendario estival dos seguidores do equipo rosaleiro e do balonmán en xeral.
No marco do ciclo “O Son da Prazas”, a Agrupación Musical de Goián, dirixida polo Mestre Pedro Villarroel González, unirase á voz de Serafín Zubiri nun gran concerto chamado “Lembrando a Nino Bravo”.
Este mércores pola tarde volven as propostas músico-culturais ao Concello do Rosal. Nesta ocasión, a cita será na praza do Maio de Tabagón. O plan comezará cunha ruta guiada pola contorna.
A directiva do Club Bádminton Tui valorará, nestes vindeiros días, a continuidade do club logo de ter recibido, nesta pasada semana, os horarios de adestramentos adxudicados polo Concello de Tui "que nos poñen na tesitura de elixir entre deporte base e competición". Non é, recoñece a directiva do Bádminton Tui, unha decisión fácil "xa que afecta a unhas 200 persoas (170 licenzas federativas) entre deportistas, afeccionados, adestradores, directiva,… por iso necesitamos reflexionalo ben e en breve comunicaremos a decisión final".
A Oficina Municipal de Turismo de Tui, situada no Paseo da Corredoira, atendeu durante o mes de xullo a 7.584 persoas que solicitaron información turística sobre a cidade ou sobre o Camiño Portugués a Santiago.
A cidade de Tui despediu á expedición da Selección de remo do Uruguai que levaba concentrada dende o pasado xuño para preparar competicións tan importantes como o recente Campionato do Mundo sub-23 onde acadaron importantes resultados.
O Rosal continúa traballando para reforzar e modernizar a súa educación de proximidade. Trala reforma da Escola de Pías, o vindeiro obxectivo do Concello será rehabilitar a unitaria de Tabagón.
Tui vivirá este sábado a Festa do Miño na que se conxuga deporte, lecer, gastronomía, música e diversión. Preto de 557 persoas surcarán as augas do Miño en piragua participando na décimo primeira edición do Descenso Popular do Miño.
O Concello do Rosal, cada vez máis comprometido co Medio Ambiente instalará catro recolectores de cápsulas de café usadas tanto de plástico coma de aluminio.
"Facer o noso tecido comercial e o mercado municipal máis competitivo, moderno e adaptado ás necesidades e tendencias de consumo actuais son parte dos obxectivos que persegue o proxecto de 'Reforma e modernización do mercado municipal e dixitalización e revitalización do comercio local de Tui'", segundo informa o alcalde de Tui.
O Concello de Tomiño comezou a implantación dun sistema de xestión enerxética coa finalidade, en primeiro lugar, de ter un control e monitorización do seu consumo enerxético para posteriormente adoptar unha serie de medidas co fin de mellorar a eficiencia enerxética e reducir o gasto enerxético municipal.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.