Xoves, 8 Maio de 2025

Oia

O “avó de Oia”, Abel Diego Acevedo, celebra o seu 101 aniversario

O home de maior idade de Oia, Abel Diego Acevedo, cumpriu esta fin de semana os 101 anos cheo de saúde e ledicia. Natural de Acevedo (Loureza), este veciño de Burgueira celebrou esta data tan especial na compañía dos seus seres queridos.

O Concello de Oia abre o prazo de inscrición da Aula de Acollida

O Concello de Oia abre o prazo de inscrición do programa Aula de Acollida para o curso escolar 2022-23, prazo que remata o vindeiro 6 de setembro. As familias que queiran inscribir aos seus fillos neste servizo municipal.

O Concello de Oia habilita un visor para consultar as faixas de seguridade fronte a incendios

O pleno do Concello de Oia vén de dar a aprobación definitiva ao seu Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.

Tráxico falecemento dun veciño de Oia

O Concello de Oia vén de decretar dous días de loito oficial polo tráxico falecemento de S.G.F., veciño de Refoxos (Loureza) de 40 anos de idade, finado na tarde de onte en accidente de tráfico.

O Concello de Oia chama ao consumo responsable da auga potable

Ante a situación actual de falta de precipitacións e altas temperaturas que se está a producir neste verán, o Concello de Oia fai un chamamento ao consumo responsable de auga potable, a fin de garantir o suministro a todo o municipio.

A Deputación aproba novos recursos do Plan Concellos para Oia e Salvaterra de Miño

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra revalida o compromiso da institución provincial coa autonomía local ao aprobar 404.010 euros da liña 1 de Investimentos do Plan Concellos para outros tres municipios.

Máis de 150 rapaces e rapazas de toda España visitan Oia coa Ruta Quetzal

Un total de 156 rapaces e rapazas de diferentes puntos de España visitaron esta semana o concello de Oia, que foi unha das paradas da edición da Ruta Quetzal deste ano. Baixo o título 'Expedición Traslatio', esta experiencia cultural percorre terras portuguesas e galegas con destino a Santiago de Compostela.

O Concello de Oia mellora o acceso ao centro de Pedornes

O Concello de Oia vén de comezar os traballos no camiño público que comunica a estrada PO-552 co centro da parroquia de Pedornes. Trátase dunha intervencion moi demandada pola veciñanza, que permitirá mellorar o acceso e a seguridade nunha curva pechada que había nesta subida, situada nun tramo próximo ao Calvario.

O Concello de Oia solicita fondos europeos para afrontar a reforma da Praza de Abastos

O Concello de Oia está a traballar nun proxecto para a reforma do edificio da Praza de Abastos co obxectivo de rehabilitar e poñer en marcha diversos usos neste equipamento municipal situado na Estrada Vista Alegre.

O Concello de Oia formará á veciñanza no uso da banca electrónica desde o móbil

O Concello de Oia organiza o curso “Mobilízate coa banca electrónica”, co obxectivo de ofrecer formación e asesoramento no uso seguro dun tipo de servizos que actualmente teñen moita demanda.

Campamento de verán en Oia do 1 ao 29 de xullo

O CEIP Mestre Manuel García de Oia acollerá, do 1 ao 29 de xullo, un campamento de verán dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Este domingo Oia celebra o curro de Mougás

Como vén sendo tradicional, o segundo domingo do mes de xuño celebrarase o curro de Mougás, que na edición deste ano prevé reunir un total de 400 bestas e 120 poldros.