Domingo, 14 Setembro de 2025

O Rosal

As Eiras triplica a súa implicación coa compostaxe individual

Grande acollida por parte da veciñanza dos composteiros individuais (COINs) repartidos polo Concello do Rosal. Trátase dunha acción posta en marcha como parte da estratexia municipal para potenciar a compostaxe individual nas vivendas da localidade e que forma parte dun programa de prevención, recollida separada e valorización dos biorresiduos.

Comeza a execución das diferentes terrazas que conformarán o ecoparque Campo Novo no Rosal

As obras de creación do ecoparque Campo Novo, en viso dos Eidos, continúan o seu bo curso. A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e a arquitecta responsable do proxecto, María Fandiño, visitaron estes días os traballos deste proxecto que suporá a transformación da zona nun espazo de convivencia para toda a veciñanza.

O Concello abre o prazo de inscrición para o campamento de verán municipal

O Concello do Rosal abre o vindeiro luns 7 de xuño o prazo para a inscrición para o campamento de verán municipal, dirixido a nenos e nenas de educación infantil e primaria e que se desenvolverá ao longo dos meses de xullo e agosto na Escola de Marzán con todas as medidas de prevención e seguridade.

O Rosal celebra o Día do Medio Ambiente cunha andaina de recollida de lixo en espazos naturais

O Rosal celebrará este sábado 5 de xuño o Día Mundial do Medio Ambiente cunha andaina para a recollida de lixo en espazos naturais aberta a todos os públicos. A ruta realizarase en grupos reducidos e cumprindo con todas as medidas de precaución e seguridade necesarias dada a situación sanitaria.

Alcaldesa e concelleiro do Rosal visitan as obras de mellora do ramal de San Xián

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, e o concelleiro de Vías e Obras, Germán Fernández, visitaron estes días as obras de mellora que se están a realizar no ramal de San Xián.

Uns 200 ciclistas danse cita este sábado 5 de xuño no XV Trofeo Montes do Rosal

A Praza do Calvario será este sábado 5 de xuño o punto de partida dos preto de 200 ciclistas que participarán no XV Trofeo Montes do Rosal, unha proba organizada polo Club Ciclista do Rosal en colaboración co Concello, a Federación Ciclismo Galego, a Fundación Deporte Galego, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, e que conta co patrocinio de outras entidades e empresas.

O Concello do Rosal inviste 36.000€ nas obras de mellora na estrada Marzán – A Cachada

O Concello vén de acometer varias obras de mellora na estrada Marzán – A Cachada, na parroquia de Santa Mariña do Rosal, nas que se realizou un investimento total de 36.000 euros.

O Consello Municipal do Rosal traballa xa para levar a igualdade a todos os eidos

O Consello Municipal de Igualdade do Rosal continúa a traballar para mudar a conciencia social da veciñanza cara a unha baseada no respecto por todas as persoas, independentemente do seu xénero.

O Concello do Rosal pon en marcha un grupo para fomentar o intercambio de obxectos

O Rosal continúa no seu camiño por converterse nun concello máis sostible. Por este motivo, ademais de traballar na creación dun espazo de intercambio, reparación e reutilización de obxectos na rúa Cumieira, o Concello vén de poñer en marcha un grupo de Facebook aberto a toda a veciñanza, residente no Rosal ou non, para fomentar o intercambio de todo tipo de enseres e obxectos de forma directa entre todas as persoas interesadas.

Este domingo chegan ao Rosal ‘Tres vellas (polo menos)’

Esta fin de semana O Rosal acolle a última das actividades culturais organizadas para este mes de maio, un emocionante e emocional espectáculo de palabras cruzadas entre Quico Cadaval, Celso Sanmartín e José Luis Gutiérrez, Guti.

O Rosal reparte 1.000 bolsas de tea co gallo do mes das letras

O Rosal repartirá entre a veciñanza 1.000 bolsas de tea co lema ‘A lingua é fonte vella da que mana auga fresca’, impreso xunto co debuxo dunhas pingas de auga e o novo logo do Concello.

Música para conmemorar o Día das Letras Galegas no Rosal

O vindeiro luns 17 celebrarase na Praza do Calvario un concerto no que participarán o coro infantil da Agrupación Musical, Novo Orballo e o grupo de música tradicional Lirolai