Mércores, 2 Xullo de 2025

O Rosal

O Rosal conmemora o 25N con actividades para continuar ‘Revolucionando mentes’

O Rosal continúa co seu compromiso contra a violencia de xénero. Para conmemorar o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello organizará exposicións, charlas e diferentes accións de visibilización coas que concienciar e sensibilizar á veciñanza.

O Concello do Rosal lembra que as biotrituradoras municipais están disposición da veciñanza

O Concello do Rosal lembra á veciñanza que as biotrituradoras municipais están a súa disposición para xestionar os seus restos vexetais.

O Rosal organiza este venres un obradoiro de decoración de Nadal con materiais reciclados

O Concello do Rosal organiza este venres ás 17.00 horas un obradoiro de decoración de Nadal con materiais reciclados no Espazo Autoarranxo, a carón do CPI Manuel Suárez Marquier. A actividade é de balde e as persoas interesadas deben inscribirse a través da web do Concello.

O pleno do Rosal aproba por unanimidade unha moción para reclamar a mellora da sanidade pública

O pleno do Rosal aprobou por unanimidade unha moción para instar á Xunta de Galicia a que mellore e defenda a sanidade pública galega. Denuncian que a precariedade que existía antes da pandemia acentouse coa eliminación do servizo de pediatría, pechando a consulta de San Miguel.

O Rosal acolle este sábado o XXIII Trofeo Montes das Eiras de Ciclocross

O ciclocross volve este sábado aos montes do Rosal co XXIII Trofeo Montes das Eiras de Ciclocross. A proba forma parte da Copa Galicia e está organizada polo Club Ciclista do Rosal coa colaboración do Concello e é puntuable no ránking da Real Federación Española de Ciclismo.

Catro autobuses sairán do Baixo Miño para asistir á manifestación en defensa da sanidade pública en Santiago de Compostela

Este domingo 14 de novembro sairán catro autobuses do Baixo Miño con veciños e veciñas da Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui para asistir á manifestación en defensa da sanidade pública que se celebrará a partir das 12.00 horas en Santiago de Compostela.

Unha unidade móbil para a inspección de sulfatadoras estará no Rosal

Unha unidade móbil ITEAF, Inspección Técnica de Equipos de Aplicación de productos Fitosanitarios, estará no Rosal, na explanada do aparcamento do pavillón municipal, os días 23 e 24 de novembro para realizar inspeccións de sulfatadoras.

O Rosal será un dos primeiros municipios da provincia en aprobar os orzamentos para 2022

O Concello do Rosal será un dos primeiros municipios da provincia en aprobar as súas contas para o vindeiro ano. O pleno ratificará este xoves 11 de novembro (20.30 h, salón de plenos do Concello) un orzamento para 2022 de case 4,8 millóns de euros.

Un investimento da Deputación no Baixo Miño transformou toda a comarca

A comarca do Baixo Miño recibiu nos 6 transcorridos co actual goberno da Deputación, “o maior volume de investimento de toda a historia da institución provincial” cun total de case 48 millóns de euros.

A ruta dos muíños do Folón e do Picón xa é máis accesible

O Rosal continúa no seu percorrido para converterse nun municipio máis accesible e inclusivo. O veciño, Manuel Sobrino, rematou a ruta dos muíños do Folón e do Picón na nova cadeira todo terreo que adquiriu o Concello.

A Mancomunidade do Baixo Miño pon autobuses para acudir á manifestación en defensa da sanidade pública

A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, formada polos concellos da Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui, súmase á manifestación convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública ante o perigo ao que está sometida a atención primaria por falta de persoal e de medios.

A reforma da praza do Calvario obtén a subvención ReacPon da Deputación

A reforma da praza do Calvario, un proxecto que suporá a mellora e remodelación integral do núcleo urbano do Rosal, acaba de obter a subvención ReacPon da Deputación de Pontevedra, un plan de investimento público que mobilizará 39,1 millóns de euros para acometer grandes actuacións nos concellos da provincia e transformar o territorio.