Xoves, 3 Xullo de 2025

O Rosal

O Concello felicita á veciñanza que encheu espazos do Rosal de decoración de Nadal

O Concello do Rosal quere felicitar a todos os veciños e veciñas que están a traballar para decorar distintos espazos do municipio polo Nadal.

O Rosal queda sen sanidade

Novo capítulo de precariedade na atención sanitaria do Rosal. Hoxe o centro de saúde quedou sen ningún médico para consulta nin para urxencias deixando aos máis de 6.000 habitantes do Rosal sen o servizo mínimo recollido por lei.

O Espazo de Autoarranxo do Concello convertérase este Nadal nun taller de reciclaxe

O Rosal é un Concello comprometido coa sostibilidade para crear un mundo mellor. Nun novo paso cara este obxectivo organiza no Espazo Autoarranxo Municipal catro obradoiros de reciclaxe e reutilización de obxectos cotiás.

Alcaldes e alcaldesas do Baixo Miño únense fronte ao deterioro da sanidade pública da comarca

A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño únense para facer un fronte común ante o rápido deterioro da atención primaria nos centros de saúde da comarca, que nestes intres sofren unha importantísima carencia de persoal sanitario que case limita a atención ás urxencias, relegando as consultas ordinarias, con esperas moi prolongadas.

A Agrupación Musical do Rosal celebra o seu festival de Nadal este sábado

A Agrupación Musical do Rosal encherá de música o Auditorio Municipal co seu festival de Nadal este sábado. Comezará ás 18.30 horas e será o momento para que o alumnado da escola de música, a banda infantil e máis o coro infantil poñan en práctica todo o que aprenderon durante as clases.

O Rosal comeza cos seus obradoiros de Nadal

O Concello do Rosal quere acercar a reciclaxe e a sostibilidade á veciñanza este Nadal con cinco obradoiros. O primeiro deles organízase este mércores ás 11.00 horas na escola Simón do Mazo.

O Rosal homenaxea a Javi Díaz, o porteiro rosaleiro que xa acumula 600 partidos na Asobal

O rosaleiro Javi Díaz é historia viva da liga Asobal e do deporte galego. Acumula 600 partidos na máxima categoría do balonmán estatal, un logro do que tan só poden presumir cinco xogadores en toda a historia da competición.

O Rosal xa desfruta do seu novo ecoparque O Sobreiral

O Rosal xa desfruta do seu ecoparque O Sobreiral, un novo espazo que combina lecer e inclusividade no centro do municipio. O Concello estreouno cun magosto no que participaron moitos veciños e que contou coa axuda da U.D Ribera, O Club Ciclista O Rosal, a Agrupación Musical do Rosal e o Acanor Novás Valinox.

A música continúa no Rosal co XI Concerto Coral Ecos do Nadal

A música continúa esta fin de semana no Rosal coa celebración do XI Concerto Coral Ecos do Nadal, unha das actuacións máis agardadas nestas datas tan sinaladas organizada pola Coral Ecos do Folón de Fornelos en colaboración coa Asociación Músico-Cultural Ecos do Folón, co Concello do Rosal e a Comunidade de Montes Santa Mariña do Rosal.

Arredor de 450 persoas concentráronse no Rosal para denunciar a precaria situación da atención primaria

Arredor de 450 persoas se achegaron o pasado mércores 8 á Praza do Calvario do Rosal para secundar e participar na concentración convocada pola Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal e polo Concello.

A Unidade Móbil de inspección técnica de ciclomotores estará no Rosal en xaneiro

A Unidade Móbil de inspección técnica de vehículos desprazarase ata O Rosal o vindeiro mes de xaneiro para a revisión de ciclomotores. Esta unidade estará situada diante do pavillón municipal o mércores 26 e o servizo prestarase en horario de mañá, de 09.00 a 13.30 horas.

O Rosal inaugurará o ecoparque do Sobreiral o vindeiro 8 de decembro cun magosto

O Rosal está a piques de estrear o seu ecoparque do Sobreiral, un espazo verde no centro do municipio que combina natureza, lecer e inclusividade.