Luns, 5 Maio de 2025

O Rosal

Ánxela Fernández será de novo a candidata do BNG polo Rosal

A portavoz nacional, Ana Pontón, aproveitou a presentación da candidata á alcaldía do Rosal, a actual rexedora Ánxela Fernández, para expresar o seu “orgullo con maiúsculas” vendo todo o que o BNG foi capaz de lograr no concello nun tempo récord.

O Rosal comeza a recuperación da estrada vella de San Miguel de Tabagón

O Concello do Rosal continúa coa súa aposta estratéxica por unha transformación do municipio que permita situar ás persoas no centro ao tempo que se pon en valor a contorna.

Chega a O Rosal o documental ‘A auga que trouxeron’

A auga será unha das grandes protagonistas da axenda cultural rosaleira esta fin de semana. A Comunidade de Montes do Rosal programa, en colaboración co Concello, a proxección este venres 3 de marzo no auditorio municipal do documental ‘A auga que trouxeron’, un relato sobre a realidade das traídas veciñais de auga en Galicia.

Chega unha nova edición do Trail Adventure Muíños do Folón

Todo listo para celebrar unha nova edición do Trail Adventure Muíños do Folón no Rosal. O vindeiro domingo 5 de marzo arredor de 500 corredores e corredoras daranse cita nun dos lugares máis emblemáticos do concello para participar na sexta edición dunha proba que cada ano supera as súas expectativas.

O Rosal revoluciona mentes a prol da igualdade

O Rosal segue a revolucionar mentes na súa loita pola igualdade e contra a violencia de xénero., Ao abeiro do 8M, Día Internacional da Muller, o Concello pon en marcha varias iniciativas para visibilizar ante a veciñanza a importancia de acadar a igualdade real, tamén entre os máis pequenos.

Arte, música e poesía no Rosal polo Día de Rosalía

O Concello do Rosal conmemora o Día de Rosalía con poesía, música e moita arte. Este domingo 26 de febreiro, o auditorio municipal acolle a Gala do Día de Rosalía, un encontro no que o público poderá achegarse á figura da ilustre autora especialmente a través da palabra.

Chega ao Rosal ‘Santoalla’, o crime que conmocionou Galicia e inspirou ‘As bestas’

O cine toma o relevo da axenda cultural no Rosal esta fin de semana e faino cunha proposta na que documental, terror e suspense se mesturan para ofrecer unha nova forma de contar este tipo de historias.

Expectativas e realidade da maternidade, este xoves nos ‘Cafés en igualdade’ do Rosal

O Concello do Rosal prepara para este xoves a segunda sesión dos seus ‘Cafés en igualdade’, un espazo de reunión íntima entre mulleres para falar de temas de interese, unha burbulla de lecer persoal dunha hora ao mes na que poder conversar como se se estivera cun grupo de amigas.

O Rosal reparará o camiño dende a estrada da Rotea ata o Alto de Parada

O Concello do Rosal continúa coa súa aposta estratéxica pola mellora dos camiños rurais, nos que se están a acometer diferentes intervencións para aumentar a seguridade viaria e o confort de usuarios e usuarias nas parroquias do municipio.

A Deputación alcanza un investimento histórico no Baixo Miño

“As administracións teñen a obriga de dar conta sobre o uso que dan aos recursos públicos”. Con esta premisa compareceu a presidenta da Deputación, Carmela Silva, nun almorzo informativo en Tui.

O Rosal presenta na Xunta os problemas de seguridade viaria na PO-353

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e o concelleiro de Vías e Obras, Germán Fernández, mantiveron un encontro co director da Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta, Francisco Menéndez, e co xefe de servizo provincial de Pontevedra, Manuel González Juanatey, para abordar de forma urxente a falta de seguridade viaria na estrada PO-353.

Concello e UD Ribera perfilan as necesidades do campo de fútbol da Mata

O Concello do Rosal continúa apostando pola renovación de infraestruturas contando coa participación veciñal.